1
Non xulguedes para que non sexades xulgados.
2
Porque co xuízo con que xulguedes, seredes xulgados; e coa medida con que midades, medirásevos.
3
E por que miras a //mota// %palla%que está no ollo do teu irmán, e non te dás conta da viga que está no teu propio ollo?
4
Ou como podes dicir ao teu irmán: «Déixame sacarche a mota%palla%do ollo», cando a viga está no teu ollo?
5
Hipócrita! Saca primeiro a viga do teu ollo, e entón verás con claridade para sacar a mota//%palla% do ollo do teu irmán.
6
Non deades o santo aos cans, nen botedes as vosas perlas diante dos porcos, non sexa que as pisen coas súas patas, e volvéndose vos %esnaquicen%despedazan//
7
Pedide, e darásevos; buscade, e acharedes%atoparedes%; chamade, e abrirásevos//.
8
Porque todo o que pide, recibe; e o que busca, acha%atopa%; e ao que chama, abriráselle.
9
Ou que home hai entre vós que se o seu fillo lle pide pan, darálle unha pedra,
10
ou se lle pide un peixe, darálle unha serpe?
11
Pois se vós, sendo malos, sabedes dar boas dádivas aos vosos fillos, canto máis o voso Pai que está nos ceos dará cousas boas aos que lle piden%pidan%?
12
Por iso, todo canto queirades que vos fagan os homes%as persoas%, así tamén facede vós con eles%elas%, porque esta é a lei e os profetas.
13
Entrade pola porta estreita, porque ancha é a porta e ampla é a senda que leva á perdición, e moitos son os que entran por ela.
14
Porque estreita é a porta e angosta a senda que leva á vida, e poucos son os que a achan.
15
Coidádevos dos falsos profetas, que veñen a vós con vestidos de ovellas, pero por dentro son lobos rapaces.
16
Polos seus froitos coñecerédelos. Seica se recollen uvas dos espinos ou figos dos abrollos?
17
Así, toda árbore boa dá froitos bos; pero a árbore mala dá froitos malos.
18
Unha árbore boa non pode producir froitos malos, nen unha árbore mala producir froitos bos.
19
Toda árbore que non dá bo froito, é cortada e botada ao lume.
20
Así que, polos seus froitos coñecerédelos.
21
Non todo o que me di: «Señor, Señor», entrará no reino dos ceos, senón o que fai a vontade do meu Pai que está nos ceos.
22
Moitos me dirán naquel día: «Señor, Señor, non profetizamos no teu nome, e no teu nome botamos fóra demos, e no teu nome fixemos moitos milagres[i]?».
23
E entón declarareilles: «Xamais vos coñecín; apartádevos de min, os que practicades a iniquidade».
24
Polo tanto, calquera que oe %as miñas palabras%estas palabras miñas e ponas en práctica, será semellante a un home sabio que edificou a súa casa sobre a roca;
25
e caeu a choiva, viñeron os torrentes[j], sopraron os ventos e azoutaron aquela casa; pero non caeu, porque fora fundada sobre a roca.
26
Polo tanto, calquera que oe estas palabras miñas e non as pon en práctica, será semellante a un home necio que edificou a súa casa sobre a area;
27
e caeu a choiva, viñeron os torrentes, sopraron os ventos e azoutaron aquela casa; e foi grande a destrución dela.
28
Cando Xesús terminou estas palabras, as multitudes admirábanse do seu ensino%da súa ensinanza%;
29
porque ensináballes como un que ten autoridade, e non coma os seus escribas.