1
Coidádevos de non practicar a vosa xustiza diante das persoas para serdes vistos por eles; pola contra non teredes recompensa do voso Pai que está nos ceos.
2
Por iso, cando deas caridade, non fagas soar a trompeta, como fan os hipócritas nas sinagogas e nas rúas, para seren loados polas persoas. En verdade dígovos que xa recibiron a súa recompensa.
3
Pero ti, cando deas caridade, que non saiba a túa man esquerda o que fai a túa dereita,
4
para que a túa caridade sexa en segredo; e o teu Pai, que ve no secreto, recompensarache.
5
E cando oredes, non sexades coma os hipócritas; porque a eles gústalles poñerse en pé e orar nas sinagogas e nas esquinas das rúas, para seren vistos polas persoas. En verdade dígovos que xa recibiron a súa recompensa.
6
Pero ti, cando ores, entra no teu apousento%cuarto,dormitorio%, e cando peches a porta, ora ao teu Pai que está en segredo. E o teu Pai, que ve no segredo, recompensarache.
7
E ao orar, non usedes repeticións sen sentido, coma os pagáns, porque eles imaxínanse que serán oídos polo seu exceso de palabras.
8
Daquela, non sexades coma eles; porque o voso Pai sabe o que necesitades antes de que vós lle pidades.
9
Vós orade desta maneira: "Pai noso que estás nos ceos, santificado sexa o teu nome.
10
Veña o teu reino. Fágase a túa vontade, así na terra coma no ceo.
11
Dános hoxe o noso pan de cada día.
12
E perdóanos as nosas débedas, coma tamén nós perdoamos aos nosos debedores.
13
E non nos metas en tentación, mais líbranos do mal. Porque teu é o reino e o poder e a gloria para sempre. Amén"
14
Porque se perdoades ás persoas as súas transgresións, tamén o voso Pai celestial perdoaravos a vós.
15
Pero se non perdoades ás persoas, tampouco o voso Pai perdoará as vosas transgresións.
16
E cando xaxuedes, non poñades cara triste, coma os hipócritas; porque eles poñen mala cara para amosarlles ás persoas que están a xaxuar. En verdade dígovos que xa recibiron a súa recompensa.
17
Pero ti, cando xaxúes, unxe a túa cabeza e lava o teu rostro%a túa faciana%,
18
para non faceres ver ás persoas que xaxúas, senón ao teu Pai que está en segredo; e o teu Pai, que ve no secreto, recompensarache.
19
Non acumuledes tesouros na terra, onde a avelaíña e o óxido destrúen, e onde ladróns penetran e rouban;
21
senón acumuládevos tesouros no ceo, onde nen a avelaíña nen a herrumbre destrúen, e onde ladróns non penetran nen rouban;
20
porque onde estea o teu tesouro, alí estará tamén o teu corazón.
22
A lámpada do corpo é o ollo; por iso, se o teu ollo está san, todo o teu corpo estará cheo de luz.
23
Pero se o teu ollo está%é% malo, todo o teu corpo estará cheo de escuridade. Así que, se a luz que hai en ti é escuridade, cuan grande será a escuridade!
24
Ninguén pode servir a dous señores; porque ou //aborrecerá// a un e amará ao outro, ou se apegará a un e desprezará ao outro. Non podedes servir a Deus e ás riquezas.
25
Por iso dígovos, non vos preocupedes pola vosa vida, que comeredes ou que beberedes; nen polo voso corpo, que vestiredes. Non é a vida máis que o alimento e o corpo máis que a roupa?
26
Mirade as aves do ceo, que non sementan, nen cortan, nen recollen en celeiros, e con todo, o voso Pai celestial aliméntaas. Non sodes vós de moito máis valor que%ca% elas?
27
E quen de vós, por ansioso que estea, pode engadir unha hora ao curso da súa vida?
28
E pola roupa, por que vos preocupades? Observade como crecen os lirios do campo; non traballan, nen fían;
29
pero dígovos que nen Salomón en toda a súa gloria vestiu coma un destes.
30
E se Deus viste así a herba do campo, que hoxe existe e mañá é botada ao forno, non fará moito máis por vós, homes de pouca fe?
31
Polo tanto, non vos preocupedes, dicindo: "que comeremos?" ou "que beberemos?" ou "con que nos vestiremos?".
32
Porque os pagáns buscan ansiosamente todas estas cousas; que o voso Pai celestial sabe que necesitades de todas estas cousas.
33
Pero buscade primeiro o seu reino e a súa xustiza, e todas estas cousas seranvos engadidas.
34
Polo tanto, non vos preocupedes polo día de mañá; porque o día de mañá coidarase de si mesmo. Chégalle a cada día os seus propios problemas.