1
E cando baixou do monte, %seguíano% grandes multitudes (seguíanlle).
2
E velaquí, achegóuselle un leproso e prostrouse diante del, dicindo: Señor, se queres, podes limparme.
3
E estendendo Xesús a man, tocouno, dicindo: quero; sé limpo. E ao instante quedou limpo da súa lepra.
4
Entón Xesús díxolle: mira, non llelo digas a ninguén, senón vaite e móstrate ao sacerdote e presenta a ofrenda que ordenou Moisés, para que lles sirva de testemuño a eles.
5
E cando entrou Xesús en Capernaúm, achegóuselle un centurión suplicándolle
6
dicindo: Señor, o meu criado está postrado na casa, paralítico, sufrindo moito.
7
E Xesús díxolle: Eu irei e sandareino.
8
Pero o centurión respondeu e dixo: Señor, non son digno de que entres baixo o meu teito; mais soamente dá a palabra e o meu criado quedará san.
9
Porque eu tamén son home baixo autoridade, con soldados ás miñas ordes; e digo a este: «vai», e vai; e ao outro: «vén», e vén; e ao meu servo: «fai isto», e faino.
10
Ao oílo Xesús, marabillouse e dixo aos que lle seguían: en verdade dígovos que en Israel non atopei en ninguén unha fe tan grande.
11
E dígovos que virán moitos do oriente e do occidente, e sentarán á mesa con Abraham, Isaac e Jacob no reino dos ceos.
12
Pero os fillos do reino serán lanzados ás tebras de fóra; alí será o pranto e o renxer de dentes.
13
Entón Xesús dixo ao centurión: vaite; así como criches, che sexa feito. E o criado foi sandado nesa mesma hora.
14
Ao chegar Xesús á casa de Pedro, viu á sogra deste deitada na cama con febre.
15
Tocoulle a man, e a febre deixouna; e ela levantouse e servíalle.
17
E á tardiña, trouxéronlle moitos endemoniados; e expulsou os espíritos coa súa palabra, e sandou a todos os que estaban enfermos,
16
para que se cumprise o que foi dito por medio do profeta Isaías cando dixo: El mesmo tomou as nosas fraquezas e levou as nosas enfermidades.
18
Vendo Xesús unha multitude arredor del, deu orde de pasar cara o outro lado.
19
E un escriba achegóuselle e díxolle: Mestre, seguireiche onde sexa que vaias.
20
E Xesús díxolle: as raposas teñen tobos e as aves do ceo niños, pero o Fillo do Home non ten onde recostar a cabeza.
21
Outro dos discípulos díxolle: Señor, permíteme que vaia primeiro e enterre ao meu pai.
22
Pero Xesús díxolle: sígueme, e deixa que os mortos enterren aos seus mortos.
23
Cando entrou Xesús na barca, os seus discípulos seguírono.
24
E de súpeto desatouse unha gran tormenta no mar, de xeito que as ondas cubrían a barca; pero Xesús estaba durmido.
25
E achegándose a El, espertárono, dicindo: Señor, sálvanos, que perecemos!
26
E El díxolles: Por que estades amedrentados, homes de pouca fe? Entón levantouse, reprendeu aos ventos e ao mar, e sobreveu unha gran calma.
27
E os homes marabilláronse, dicindo: quen é este, que aínda os ventos e o mar lle obedecen?
28
Cando chegou alén, á terra dos gadarenos, saíronlle ao encontro dous endemoniados que saían dos sepulcros, violentos en extremo, de maneira que ninguén podía pasar por aquel camiño.
29
E gritaron%berraron%, dicindo: que temos que ver contigo, Fillo de Deus? Viñeches aquí para atormentarnos antes do%de% tempo?
30
A certa distancia deles había unha %manda%(piara) de moitos porcos paciendo;
31
e os demos rogábanlle, dicindo: se vas botarnos fóra, mándanos á piara%manda% de porcos.
32
Entón El díxolles: ide! E eles saíron e entraron nos porcos; e velaquí que a piara%manda% enteira precipitouse por un%barranco% (despeñadero) ao mar, e pereceron nas augas.
33
Os que coidaban a piara%manda% fuxiron; e foron á cidade e contárono todo, incluso o dos endemoniados.
34
E toda a cidade saíu ao encontro de Xesús; e cando o viron, rogáronlle que se fose da súa comarca.