1
Por aquel tempo, Herodes o tetrarca oíu a fama de Xesús,
2
e dixo aos seus serventes: Este é Xoán o Bautista. El resucitou de entre os mortos, e por iso é que poderes milagrosos actúan nel.
3
Porque Herodes prendera a Xoán, o atara e puxera no cárcere por causa de Herodías, muller do seu irmán Felipe;
4
porque Xoán dicíalle: Non che é lícito tela.
5
E aínda que Herodes quería matalo, tiña medo ao pobo, porque consideraban a Xoán como un profeta.
7
Pero cando chegou os aniversarios de Herodes, a filla de Herodías danzou diante deles e agradou a Herodes.
6
Por iso prometeulle con xuramento darlle o que ela pedise.
8
Ela, instigada pola súa nai, dixo: Dáme aquí, nunha bandexa a cabeza de Xoán o Bautista.
9
E aínda que o rei púxose triste, por mor dos seus xuramentos e dos seus invitados, ordenou que lla desen;
10
e mandou decapitar a Xoán no cárcere.
11
E trouxeron a súa cabeza nunha bandexa e déronlla á rapariga, e ela levoulla á súa nai.
12
Os discípulos de Xoán chegaron e recolleron o corpo e sepultárono; e foron e comunicáronllo a Xesús.
13
Ao oír isto, Xesús retirouse de alí nunha barca, só, a un lugar deserto; e cando as multitudes soubérono, seguíronlle a pé desde as cidades.
14
E ao desembarcar, viu unha gran multitude, e tivo compaixón deles e sandou aos seus enfermos.
15
Á tardiña achegáronselle os discípulos, dicindo: O lugar está deserto e a hora é xa avanzada; despide, pois, ás multitudes para que vaian ás aldeas e compren alimentos para eles.
16
Pero Xesús díxolles: Non hai necesidade de que se vaian; dádelles vós para comer.
17
Entón eles dixéronlle: Non temos aquí máis que cinco pans e dous peixes.
18
El díxolles: Traédemos ata aquí.
19
E ordenando ao xentío que se recostara sobre a herba, tomou os cinco pans e os dous peixes, e levantando os ollos ao ceo, bendixo os alimentos, e partindo os pans, deullos aos discípulos e os discípulos á multitude.
20
E comeron todos e saciáronse. E recolleron o que sobrou dos pedazos: doce cestas cheas.
21
E os que comeron foron uns cinco mil homes, sen contar as mulleres e os nenos.
22
Enseguida fixo que os discípulos subisen á barca e fosen diante del á outra beira, mentres El despedía á multitude.
23
Despois de despedir á multitude, subiu ao monte a soas para orar; e á noitiña, estaba alí só.
24
Pero a barca estaba xa a moitos estadios (metros¿?) de terra, e era azoutada polas ondas, porque o vento era contrario.
25
E á cuarta vixilia da noite, Xesús veu a eles andando sobre o mar.
26
E os discípulos, véndolle andar sobre o mar, turbáronse, e dicían: É unha pantasma! E de medo, puxéronse a gritar.
27
Pero enseguida Xesús faloulles, dicindo: Tede ánimo, son eu; non temades.
28
Respondéndolle Pedro, dixo: Señor, se es ti, mándame que vaia a ti sobre as augas.
29
E El dixo: Ven. E descendendo Pedro da barca, camiñou sobre as augas, e foi cara a Xesús.
30
Pero vendo a forza do vento tivo medo, e empezando a afundirse gritou, dicindo: Señor, sálvame!
31
E ao instante Xesús, estendendo a man, sostívoo e díxolle: Home de pouca fe, por que dubidaches?
32
Cando eles subiron á barca, o vento acougouse.
33
Entón os que estaban na barca adoráronlle, dicindo: En verdade es Fillo de Deus.
34
Terminada a travesía, baixaron a terra en Xenesaret.
35
E cando os homes daquel lugar recoñeceron a Xesús, enviaron a dicilo por toda aquela comarca do arredor e trouxéronlle todos os que tiñan algún mal.
36
E rogábanlle que lles deixase tocar sequera o bordo do seu manto; e todos os que o tocaban quedaban curados.