16 1 Iahveh falou a Moisés despois da morte dos dous fillos de Aarón, cando se achegaron á presenza de Iahveh y morreron. 2 E Iahveh dixo a Moisés: Dille ao teu irmán Aaron que non en todo momento entre no lugar santo detrás do veo, diante do propiciatorio que está sobre a arca, para que non morra; porque eu aparecerei na nube sobre o propiciatorio 3 Con isto entrará Aarón no lugar santo: cun novelo para a expiación e un año para o holocausto. 4 Vestirá a túnica sagrada de liño e sobre o seu corpo terá calzóns de liño e cinguirase co cinto de liño e coa tiara de liño cubrirase (estas son as vestiduras sagradas). Lavará,pois; o seu corpo con auga e vestirase con elas. 5 E a congragación dos fillos de Israel tomará dous bodes para a ofrenda polo pecado e un carneiro para o holocausto. 6 Entón Aarón ofrecerá o xovenco como ofrenda polo pecado, que é para el, para facer expiación por si e pola súa casa. 7 E tomará dous bodes o presentaráos diante de Iahveh á entrada da tenda de reunión. 8 Aarón botará sortes sobre os dous bodes , unha sorte por Iahveh, e outra sorte polo bode expiatorio. 9 Aarón ofrecerá o bode sobre o que caese a sorte para Iahveh, facéndoo ofrenda polo pecado. 10 Pero o bode sobre o que caiu a sorte para o bode expiatorio, presentarao vivo diante de Iahveh para facer expiación sobre el, para envialo como bode expiatorio ao deserto 11 Entón Aarón ofrecerá o xovenco da ofrenda polo pecado, que é por si , e fará expiación por sí e pola súa casa, e degolará o xovenco da ofrenda polo pecado feita por si 12 E tomará un botafumeiro cheo de brasas de lume do altar que está diante de Iahveh, e dous puñados de incenso aromático moído, e levaraos detrás do veo. 13 Poñerá o incenso sobre o lume diante de Iahveh, para que a nube do incenso cubra o propiciatorio que está sobre a arca do testemuño para que Aarón non morra 14 Tomará ademais do sangue do novelo e asperxerá co seu dedo no lado oriental do propiciatorio; tamén diante do propiciatorio asperxerá do sangue co seu dedo sete veces 15 Despois degolará o bode da ofrenda polo pecado que é polo pobo, e levará o seu sangue detrás do veo e fará con el como fixo co sangue do xovenco, e esparexerao sobre o propiciatorio e diante do propiciatorio. 16 Fará, pois, expiación polo lugar santo por mor das impurezas dos fillos de Israel e por mor das súas transgresións, por todos os seus pecados; así fará tamén coa tenda de reunión que permanece con eles no medio das súas impurezas 17 Cando Aarón entre a facer expiación no lugar santo, ninguén estará na tenda de reunión ata que el saia, para que faga expiación por si, pola súa casa e por toda a asemblea de Israel. 18 Entón sairá ao altar que está diante de Iahveh e fará expiación por el, e tomará do sangue do novelo e do sangue do bode e poñeraa nos cornos do altar por todos os lados. 19 E esparexerá sobre el do sangue sete veces co seu dedo, e limpiarao, e santificarao das impurezas dos fillos de Israel. 20 Cando acabe de facer expiación polo lugar santo, a tenda de reunión e o altar, presentará o bode vivo. 21 Despois Aarón poñerá ambas mans sobre a cabeza do bode e confesará sobre el todas as iniquidades dos fillos de Israel e todas as súas trangresións, todos os seus pecados, e poñéndoos sobre a cabeza do bode, enviarao ao deserto por medio dun home preparado para isto. 22 O bode levará sobre si todas as iniquidades deles a unha terra solitaria; e o home soltará ao bode no deserto. 23 Entón Aarón entrará na tenda de reunión e quitará as vestiduras de liño que se puxera ao entrar no lugar santo, e deixaraas alí. 24 Lavará o seu corpo con auga nun lugar sagrado, vestirá os seus vestidos e sairá e ofrecerá o seu holocausto polo pobo, e fará expiación por si e polo pobo 25 Logo queimará no altar a graxa da ofrenda polo pecado. 26 E quen soltou o bode como bode expiatorio, lavará as súas roupas e lavará o seu corpo con auga, e despois entrará no campamento. 27 Pero o novelo da ofrenda polo pecado e o bode da ofrenda polo pecado, cuxo sangue foi levado dentro do lugar santo para facer expiación, serán levados fóra do campamento e queimarán no lume a súa pel, a súa carne e o seu esterco. 28 E quen os queime lavará as súas roupas e lavará o seu corpo con auga e despois entrará no campamento. 29 E isto seravos un estatuto perpetuo: no mes sétimo, aos dez días do mes, humillaredes as vosas almas e non faredes ningunha obra, nin o nativo nin o forasteiro que reside entre vós; 30 porque neste día farase expiación por vós para que sexades limpos; seredes limpos de todos os vosos pecados diante de Iahveh. 31 Seravos día de repouso, de descanso solemne, para que humilledes as vosas almas; é estatuto perpetuo 32 Así o sacerdote que é unxido e ordenado para ministrar como sacerdote no lugar do seu pai fara expiación: vestirá as vestiduras de liño, as vestiduras sagradas, 33 e fará expiación polo santo santuario; fará expiación tamén pola tenda de reunión e polo altar. Fará expiación ademais polos sacerdotes e por todo o pobo da asemblea 34 Terás isto por estatuto perpetuo para facer expiación polos fillos de Israel, por todos os seus pecados, unha vez cada ano. Tal como Iahveh mandou a Moisés, así o fixo.