15
1
E falou Iahveh a Moisés e a Aarón dicindo:
2
Falade aos fillos de Israel e dicídelles: Cando calquera home teña fluxo do seu corpo, o seu fluxo será inmundo.
3
Esta será, por tanto, a súa inmundicia no seu fluxo: será a súa inmundicia xa sexa que o seu corpo permita o seu fluír ou que o seu corpo obstaculice o seu fluxo.
4
Toda cama cobre a cal se deite a persoa con flixo quedará inmunda, e todo sobre o que se sente quedará inmundo.
5
Ademais, calquera que toque a súa cama lavará a súa roupa, bañarase en auga e quedará inmundo ata o serán
6
E calquera que se sente naquilo sobre o cal o home co fluxo se sentara, lavará a súa roupa, bañarase en auga e quedará inmundo ata a tardiña.
7
Tamén, calquera que toque á persoa co fluxo lavará a súa roupa, bañarase en auga e quedará inmundo ata o serán.
8
Ou se o home co fluxo cuspe sobre un limpo, este tamén lavará a súa roupa, bañarase en auga, e quedará inmundo ata o serán.
9
E toda a montura sobre a cal cabalgue a persoa co fluxo quedará inmunda.
10
Todo aquel que toque calquera cousa que estivera debaixo del, quedará inmundo ata a tardiña, e quen as leve lavará a súa roupa , bañarase en auga e quedará inmundo ata o serán.
11
Así mesmo, a quen toque ó que ten o fluxo sen ter lavado as mans con auga, lavará a súa roupa, bañarase en auga e quedará impuro ata o serán.
12
Non obstante, a pota de barro que teña tocado a persoa co fluxo será quebrada e toda a vasilla de madeira será lavada con auga.
13
Cando o home co fluxo quede limpo do seu fluxo, contará para si mesmo sete días para a súa purificación; entón lavará a súa roupa, bañará o seu corpo en auga corrente e quedará limpo.
14
E no oitavo día tomará para si dúas rulas ou dúas pombas e virá diante de Iahveh á entrada da tenda de reunión e darallos ao sacerdote,
15
e o sacerdote ofreceraos, un como ofrenda polo pecado e o outro como holocausto. Así o sacerdote fará expiación por el diante de Iahveh por mor do seu fluxo.
16
E se un home ten emisión de seme, bañará todo o seu corpo en auga e quedará inmundo ata o serán.
17
En canto a calquera vestidura ou pel sobre a cal haxa emisión de seme, será lavada con auga e quedará inmunda ata a tardiña.
18
Se un home se deita cunha muller e hai emisión de seme, ambos se bañarán en auga e quedarán inmundos ata o atardecer.
19
Cando unha muller teña fluxo , se o fluxo no seu corpo é sangue, ela permanecerá na súa impureza menstrual por sete días; e calquera que a toque quedará inmundo ata o atardecer.
20
Tamén todo aquilo sobre o que ela se deite durante a súa impureza menstrual quedará inmundo, y todo aquilo sobre o que ela se sente quedará inmundo
21
Calquera que toque a súa cama lavará a súa roupa, bañarase en auga e quedará inmundo ata o atardecer.
22
E quen que toque calquera cousa sobre a que ela se sente, lavará a súa roupa, bañarase en auga e quedará inmundo ata o serán.
23
Sexa que estea sobre a cama ou sobre aquilo no que ela se sentou, quen o toque quedará inmundo ata a tardiña.
24
E se un home se deita con ela e a súa impureza menstrual o mancha, quedará inmundo durante sete días, e toda cama sobre a que el se deite quedará impura
25
Se unha muller ten fluxo de sangue durante moitos días, non no seu período de impureza menstrual, ou se ten fluxo despois dese período, todos os días do seu fluxo impuro continuará como nos días da súa impureza menstrual; é inmunda.
26
Toda cama sobre a que ela se deite durante os días do seu fluxo será para ela como a cama durante a súa menstruación e todo aquilo sobre o que ela se sente quedará inmundo, como a impureza da súa menstruación´.
27
Quen toque esas cousas quedará inmundo; lavará a súa roupa, bañarase en auga e quedará impuro ata o serán.
28
Cando ela quede limpa do seu fluxo, contará sete días; despois quedará limpa.
29
Ao oitavo día ela tomará dúas rulas ou dous pombiños, e traeraos ao sacerdote á entrada da tenda de reunión.
O sacerdote ofrecerá un deles como ofrenda polo pecado e o outro como holocausto.
30
Así o sacerdote fará expiación por ela diante de Iahveh por causa do seu fluxo impuro
31
Así manteredes aos fillos de Israel separados das súas impurezas, para que non morran nas súas impurezas por ter contaminado o meu tebernáculo que está entre eles.
32
Esta é a lei para quen ten fluxo e para o home que ten unha emisión de seme, contaminándose por el
33
e para a muller que está enferma por causa da súa impureza menstrual, para quen teña fluxo, sexa home ou muller, e para o home que se deite cunha muller inmunda