14
1
2
Iahveh falou a Moisés dicindo: Esta será a lei do leproso nos días da súa purificación. será levado ao sacerdote,
3
e o sacerdote sairá fóra do campamento. O sacerdote examinarao , e se a infección do leproso foi curada
4
o sacerdote mandará coller dúas aves vivas e limpas , madeira de cedro, un cordón escarlata e hisopo para o que se purifica.
5
Logo o sacerdote mandará degolar unha das aves nunha vasilla de barro sobre augas vivas.
6
Despois collerá a ave viva, a madeira de cedro, o cordón escarlata e o hisopo, e mollaraos xunto coa ave viva no sangue da ave morta sobre as augas vivas.
7
Despois asperxerá sete veces sobre o que é purificado da lepra , declararao limpo, e soltará a ave viva no campo aberto.
8
Despois o que é purificado lavará a súa roupa, rasurará todo o seu cabelo, bañarase en auga e quedará limpo. Despois poderá entrar no campamento pero durante sete días permanecerá fóra da súa tenda.
9
E sucederá que no sétimo día rasurará todo o seu cabelo: a cabeza, a barba, e as cellas; afeitará todo o seu pelo. Entón lavará a súa roupa e lavará o seu corpo con auga, e quedará limpo.
10
No oitavo día collerá dous cordeiros sen defecto, unha cordeira dun ano sen defecto, tres décimas dun efa de flor de fariña misturada con aceite como ofrenda de cereal e un log de aceite;
11
e o sacerdote que o declare limpo presentará diante de Iahveh ao home que se vai purificar , coas ofrendas, á entrada do tabernáculo
12
Entón o sacerdote collerá un dos cordeiros e traerao como ofrenda pola culpa, co log de aceite, e presentaraos como ofrenda abaneada diante de Iahveh.
13
E degolará o cordeiro no lugar onde degolan a ofrenda polo pecado e o holocausto, no lugar do santuario, porque a ofrenda pola culpa, o mesmo que a ofrenda polo pecado, pertence ao sacerdote; é cousa santísima
14
Entón o sacerdote collerá do sangue da ofrenda poa culpa, e porá o sacerdote sobre o lóbulo da orella dereita do que é purificado, sobre o polgar da súa man dereita e sobre a deda gorda do pé dereito.
15
O sacerdote tomará tamén do log de aceite, e verterá sobre a palma de súa man ezquerda;
16
despois o sacerdote mollará o dedo da súa man dereita no aceite que está na palma da súa man ezquerda, e co dedo asperxerá do aceite sete veces diante de Iahveh
17
E o resto do aceite que está na súa man, o sacerdote porá un pouco sobre o lóbulo da orella dereita do que vai ser purificado sobre o polgar da súa man dereita e sobre a deda gorda do pé dereito, enriba do sangue da ofrenda pola culpa.
18
E o que quede do aceite que está na man do sacerdote, porao sobre a cabeza do que é purificado. Así o sacerdote fará expiación por el diante de Iahveh
19
Logo o sacerdote ofrecerá o sacrificio polo pecado e fará expiación polo que vai ser purificado da súa inmundicia, e despois degolará ao holocausto.
20
E o sacerdote ofrecerá sobre o altar o holocausto e a ofrenda do cereal. Así fará expiación o sacerdote por el, e quedará limpo
21
Mais se é pobre e non ten recursos suficientes, entón tomará un año como ofrenda pola culpa, como ofrenda abaneada,para facer expiación por el, e unha décima dun efa de flor de fariña mesturada co aceite para ofrenda de cereal, e un log de aceite,
22
e dúas roliñas ou dous pombiños, conforme o que dispoña, un será como ofrenda polo pecado e o outro para holocausto.
23
Ao oitavo día levaraos ao sacerdote para ofrecelos pola súa purificación, á entrada do tabernáculo, diante de Iahveh
24
E o sacerdote collerá o año da expiación e o log de aceite e presentaraos como ofrenda abaneada diante de Iahveh.
25
Despois degolará o año da ofrenda pola culpa, e o sacerdote collerá do sangue da ofrenda pola culpa e porá sobre o lóbulo da orella dereita do que será purificado, sobre o polgar da súa man dereita e sobre a deda gorda do seu pé dereito.
26
O sacerdote verterá parte do aceite na palma da súa man ezquerda.
27
E co dedo da súa man dereita asperxerá un pouco do aceite que ten na súa man dereita sete veces diante de Iahveh
28
Despois o sacerdote porá do aceite que ten na súa man sobre o lóbulo da orella dereita do que se purifica, sobre o polgar da súa man dereita e sobre a deda gorda do seu pé dereito, no lugar do sangue da ofrenda pola culpa.
29
E o que sobrar do aceite que o sacerdote ten na súa man, porao na cabeza do que se purifica, para facer expiación por el diante de Iaveh.
30
Entón ofrecerá unha das rolas ou dous pombiños , conforme o que dispoña.
31
Ofrecerá o que poida, un como expiación polo pecado e o outro como holocausto, ademáis da ofrenda de cereal. Así o sacerdote fará expiación diante de Iahveh polo que se vai purificar.
32
Esta é a lei para o que teña infección de lepra, cuxos recursos para a expiación sexan limitados
33
Iahveh falou tamén a Moisés e a Aarón dicindo:
34
Cando entredes na terra de Canaán, que vos dou en posesión, e eu poña unha marca de lepra nunha casa na terra da vosa posesión,
35
o dono da casa irá e avisará ao sacerdote: " como lepra apareceu na minha casa"
36
Entón o sacerdote mandará baldeirar a casa antes de entrar para examinar a marca, para que nada se contamine na casa; e despois entrará e examinará a casa.
37
Examinará a marca, e se a marca sobre as paredes da casa mostra cavidades esverdeadas ou avermelladas, que semellan ser máis profundas que a parede,
38
o sacerdote sairá ata a entrada da casa e pecharaa durante sete días
39
E ao sétimo día voltará o sacerdote e a examinará. Se a marca se estendeu nas paredes da casa,
40
o sacerdote ordenará quitar as pedras que teñen a marca e botalas fóra da cidade, nun lugar inmundo.
41
E fará raspar toda a casa por dentro e botar o po que raspen fóra da cidade, nun lugar impuro.
42
Logo collerán outras pedras e substituirán as pedras arrincadas; e tomarán outro barro e volverán recubrir a casa.
43
Non obstante, se a marca aparece de novo na casa despois de arrancar as pedras e raspar a casa, e despois de cubrila con morteiro,
44
o sacerdote entrará e a examinará. Se ve que a marca se espallou na casa, será unha lepra maligna na casa; é inmunda.
45
Derrubará pois a casa, as súas pedras , a súa madeira e todo o morteiro da casa, e levaraos fóra da cidade, a un lugar impuro.
46
Ademais, quen entrou na casa durante o tempo que el a pechou, quedará impuro ata a noitiña.
47
Tamén quen durmiu e quen comeu na casa lavará as súas roupas.
48
Pero se o sacerdote entra e examínaa e a marca non se espallou na casa despois que a marca foi recuberta, o sacerdote declarará a casa limpa, porque a marca non volveu aparecer
49
Entón , para purificar a casa , tomará dúas aves, madeira de cedro, un cordón escarlata e hisopo
50
e degolará unha ave nunha cunca de barro sobre auga corrente.
51
Despois tomará a madeira de cedro, o hisopo e o cordón escarlata e a ave viva e mollaraos no sangue da ave morta na auga corrente e esparxirá a casa sete veces
52
E purificará a casa co sangue da ave e coa auga corrente, e coa ave viva, coa madeira de cedro, co hisopo e co cordón escarlata.
53
Non obstante, soltará a ave viva fóra da cidade, en campo aberto, Así fará expiación pola casa e quedará purificada.
54
Esta é a lei acerca de toda infección de lepra, ou de tiña,
55
e para a roupa ou a casa con lepra,
56
para un inchazo , unha erupción ou unha mancha branca lustrosa,
57
para ensinar cando son inmundas e cando son limpas. Esta é a lei sobre a lepra.