17

1 E falou Iahveh a Moisés dicindo: 2 fala a Aarón e aos seus fillos e dilles: "Isto ë o que mandou Iahveh dicindo: 3 Calquera home da casa de Israel que degole un boi, un cordeiro, o unha cabra no campamento, ou quen o degole fóra do campamento 4 sen levalo á porta da tenda de reunión para presentalo como ofrenda a Iahveh, diante do tabernáculo de Iahveh, ese home será culpable de sangue. Derramou sangue e ese home será cortado do seu pobo.