10
1
Nadab e Abiú, fillos de Aarón, tomaron os seus respectivos botafumeiros, e despois de poñer fogo neles, sobre o cal puxeron incenso, ofreceron diante de Iahveh fogo estraño que El nunca lles mandara.
2
E saiu fogo de diante de Iahveh que os queimou, e morreron diante de Iahveh.
3
Entón Moisés dixo a Aarón: Isto é o que Iahveh falou dicindo: "Como santo serei tratado polos que se achegan a min, e en presenza de todo o pobo serei glorificado. E Aaron calou.
4
E chamou Moisés a Misael, e a Elzafán, fillos de Uziel, tío de Aarón, e díxolles: vinde, levade os vosos parentes de diante do santuario fóra do campamento.
5
E eles achegáronse e leváronos, aínda coas súas túnicas, fóra do campamento, como dixera Moisés.
6
Logo Moisés dixo a Aarón e aos seus fillos Eleazar e Itamar: Non descubrades a vosa cabeza nin rasguedes os vosos vestidos, para que non morrades e para que El non desate todo o seu anoxo contra toda a congregación. Pero os vosos irmáns toda a casa de Israel, lamentaranse polo incendio que trouxo Iahveh.
7
Nin sequera sairedes da porta da tabernáculo, non sexa que morrades; porque o aceite da unción de Iahveh está sobre vós. E eles fixeron conforme ao mandato de Moisés.
8
Iahveh falou a Aarón, dicindo:
9
Non beberedes viño nin licor, nin ti nin os teus fillos contigo, cando entredes na tabernáculo , para que non morrades (é estatuto perpetuo por todas as vosas xeracións)
10
e para que fagades distinción entre o santo e o profano, e entre o inmundo e o limpo,
11
e para que enseñedes aos fillos de Israel tódolos estatutos que dixo Iahveh por medio de Moisés.
12
E Moisés dixo a Aarón e aos fillos que lle quedaban, Eleazar e Itamar: Collede a ofrenda de cereal que queda das ofrendas acesas para Iahveh e comédea sin fermento xunto ao altar , porque é santísima.
13
Comerédela, pois, en lugar santo porque é a porción para ti e os teus fillos, das ofrendas acesas a Iahveh; porque así me foi mandado
14
Non obstante, podes comer o peito da ofrenda mecida e o pernil da ofrenda nun lugar limpo, ti e os teus fillos e as túas fillas contigo; porque foron dadas como a túa porción e a dos teus fillos dos sacrificios das ofrendas de paz dos fillos de Israel.
15
Traerán a coxa que foi ofrecida e o peito que foi ofrecido abaneándoo, xunto coa ofrenda acesa dos cachos de graxa, para presentalos como ofrenda abaneada diante de Iahveh; e será por estatuto perpetuo teu e dos teus fillos contigo, como Iahveh mandou.
16
E Moisés preguntou polo bode da ofrenda polos pecados e velaquí que fora queimado; e anoxouse con Eleazar e Itamar, os fillos que lle quedaran a Aarón dicindo:
17
Por que non comestes a ofrenda polo pecado no lugar santo? Porque é santísima e foi dada para quitar a culpa da congregación, para facer expiación por eles diante de Iahveh.
18
Velaquí, xa que o sangue non foi levado dentro do santuario, certamente debiades ter comido a ofrenda no santuario, como eu mandei.
19
Mais Aaron dixo a Moisés: Mira; hoxe mesmo eles presentaron a súa ofrenda polo pecado e o seu holocausto diante de Iahveh. Xa que isto me sucedeu, se eu tivera comido hoxe da ofrenda polo pecado, tería sido grato aos ollos de Iahveh?
20
Cando Moisés ouviu isto, deuse por satisfeito.