11 1 E falou Iahveh a Moisés e a Aaron deicindolles: 2 Falade aos fillos de Israel e dicídelles:" Estes son os animais que poderedes comer de todos os animais que hai sobre a terra. 3 De entre os animais, todo o que teña pezuño dividido, formando así cascos fendidos e rumia, este comeredes. 4 Porén, dos que rumian e dos que teñen pezuño dividido non comeredes estes: o camelo, porque rumia mais non ten pezuño dividido; será inmundo para vós; 5 o coello, porque aínda que rumia, ; non ten o pezuño dividido; será inmundo para vós; 6 a lebre, porque aínda que rumia, non ten o pezuño dividido; será inmundo para vós; 7 e o cocho, porque aínda que ten o pezuño dividido, formando así o casco fendido, non rumia; será inmundo para vós. 8 Non comeredes da súa carne nin tocaredes os seus cadáveres; serán inmundos para vós. 9 De todos os animais que hai nas aguas poderedes comer estes: todos os que teñen aletas e escamas nas augas, nos mares ou nos ríos, poderedes comer. 10 Mais todos os que non teñen aletas nin escamas nos mares e nos ríos, entre todo o que se move nas augas e entre todas as criaturas viventes que están na auga, serán abominación para vós 11 seranvos abominación, non comeredes da súa carne e abominaredes os seus cadáveres. 12 Todo o que nas augas non teña aletas nin escamas, seravos abominación 13 "Ademais, estas abominaredes de entre as aves, non se comerán, son abominación: a aguia, o voitre e o voitre negro, 14 o miñato e o falcón segundo a súa especie; 15 todo corvo segundo a súa especie; 16 o avestruz, a curuxa, a gaivota e o gabián segundo a súa especie; 17 o bufo, o mergullón, o bufo real, 18 a curuxa branca, o pelicano, o voitre común, 19 a cegoña, a garza segundo a súa especie; a bubela e o morcego. 20 Todo insecto con ás que ande sobre catro patas, seravos abominación. 21 "Con todo, estes podedes comer de entre todos os insectos alados que andan sobre catro patas: os que teñen, ademais das súas patas, pernas con articulacións para saltar con elas sobre a terra. 22 Destes poderedes comer estes: a langosta segundo as súas especies, a langosta destructora segundo as súas especies, o grilo segundo sa súas especies e o saltón segundo as súas especies. 23 Pero todos os demáis insectos alados que teñan catro paras seranvos abominación 24 Por estes animais seredes inmundos; todo o que toque os seus cadáveres quedará inmundo ata 0 serán 25 e calquera que levante parte dos seus cadáveres lavará os seus vestidos e quedará inmundo ata o serán 26 Todo animal de pezuño dividido, pero que non ten pezuño fendido, ou que non rumian, serán inmundos para vós, e calquera que os toque quedará inmundo. 27 E de todos os animais que andan sobre catro patas, os que andan sobre as súas garras son inmundos para vós; calquera que toque os seus cadáveres quedará inmundo ata o serán 28 e o que levante os seus cadáveres lavará as súas roupas e quedará inmundo ata o serán; terédelos por inmundos. 29 E dos animais que se arrastran pola terra, estes serán inmundos para vós: a toupa, o rato e o lagarto segundo a súas especies; 30 o ourizo, o crocodilo, o lagarto, a lagarta de area e o camaleón. 31 Estes serán impuros para vós entre todos os animais que se arrastran; quen os toque cando estean mortos quedará impuro ata o serán; 32 tamén quedará inmunda calquera cousa sobre a que caia morto un deles; e calquer obxeto de madeira, roupa, pel, saco, e calquer utensilio de traballo; poñerédelo en auga e quedará inmundo ata o serán; entón quedará limpo. 33 E calquera vasilla de barro na caia algún deles, o que está na vasilla quedará inmundo e crebaredes a vasilla. 34 Toda comida sobre a que caia auga destas vasillas quedará impuro e toda bebida nesas vasillas quedará inmundo. 35 Todo aquilo sobre o que caia parte dos seus cadáveres quedará inmundo; o forno ou fogón será derrubado; son inmundos e seguirán sendo inmundos para vós. 36 Porén, unha fonte ou cisterna onde se recolle a auga será limpa, pero o que toque os seus cadáveres quedará inmundo. 37 E se parte dos seus cadáveres cair sobre calquera semente para sementar, a semente quedará limpa. 38 Mais se a semente está mollada e unha parte dos cadáveres cae sobre ela, será inmunda para vós. 39 Se algún dos animais que tendes para comer morre, quen toque o seu corpo morto quedará impuro ata a serán. 40 E quen coma parte do seu cadáver lavará os seus vestidos e quedará inmundo ata a tardiña; e quen levante o cadáver lavará os seus vestidos e quedará impuro ata o serán. 41 E todo animal que se arrastra sobre a terra é abominable ; non se comerá. 42 Todo o que anda sobre o seu ventre e todo o que camina sobre catro patas, todo o que ten moitos pés , de todo o que se arrastra sobre a terra, non os comeredes porque son abominación 43 Non vos fagades abominables por causa de ningún animal que se arrastra; e non vos contaminedes con eles para que non sexades inmundos. 44 Porque eu son Iahweh o voso Deus Polo tanto consagrádevos e sede santos, porque eu son santo. Non vos contaminedes, pois, con ningún animal que se arrastra sobre a terra. 45 Porque eu son Iahweh que nos fixen subir da terra de Exipto para ser o voso Deus; seredes, pois, santos porque eu son santo. 46 Esta é a lei dos animais, das aves, de todo ser vivente que se move nas augas, e de todo animal que se arrastra sobre a terra; 47 para facer distinción entre o inmundo e o limpo, entre o animal que se pode comer e o animal que non se pode comer