9
1
E aconteceu no oitavo día que Moisés chamou a Aarón e a os seus fillos e a os anciáns de Israel
2
e dixo a Aarón: Toma un xato para a ofrenda polo pecado e un carneiro para o holocausto, ambos sen defecto, e ofréceos diante de Iahveh
3
E logo falarás aos fillos de Israel dicindo: " Collede un castrón para a ofrenda polo pecado, e un vitelo e un año, ambos dun ano, sen defecto, para o holocausto
4
e un boi e un carneiro para as ofrendas de paz, para sacrificar diante de Iahveh; e unha ofrenda de cereal misturado con aceite porque hoxe Iahveh se presentará ante vós.
5
E levaron diante da tabernáculo o que mandara Moisés e toda a congregación achegouse e permaneceu de pé diante de Iahveh
6
E dixo Moisés: Isto é o que Iahveh mandou que fagades, para que a gloria de Iahveh se vos apareza.
7
E dixo Moisés a Aarón: achégate ao altar e presenta a túa ofrenda polo pecado e o teu holocausto, para que fagas expiación por ti mesmo e polo pobo; logo presenta a ofrenda polo pobo, para que poidas facer expiación por eles, tal e como Iahveh mandou.
8
Entón achegouse Aarón ao altar e degolou ao xato da ofrenda polo pecado por si mesmo.
9
E os fillos de Aarón presentáronlle o sangue e el mollou o seu dedo no sangue , puxo parte do sangue sobre os cornos do altar e derramou o resto do sangue ao pé do altar.
10
Despois queimou sobre o altar a graxa, os riles, e o redeño do fígado da ofrenda polo pecado, tal e como Iahveh ordenara a Moisés.
11
Porén a carne e o coiro queimounos no fogo fóra do campamento
12
Logo degolou o holocausto; e os fillos de Aarón déronlle o sangue e el espallouna sobre o altar, por tódolos lados.
13
E déronlle o holocausto en anacos, coa cabeza, e queimounos sobre o altar.
14
Lavou tamén as entrañas e as patas, e queimounas co holocausto sobre o altar
15
Logo presentou a ofrenda polo pobo e tomou o castrón para a expiación do pobo e degolouno e ofreceuno polos pecados, como o primeiro.
16
E presentou o holocausto, e ofreceuno conforme o rito.
17
Despois presentou a ofrenda de cereal , e encheu dela a súa man e queimouna sobre o altar, ademáis do holocausto da mañá
18
Logo degolou o boi e o carneiro, o sacrificio das ofrendas de paz polo pobo; e os fillos de Aarón déronlle o sangue que el asperxeu sobre o altar por tódolos lados.
19
No tocante aos anacos de graxa do boi e do carneiro, o rabo, a graxa que cobre as entrañas, os riles e o redeño do fígado,
20
puxéronos sobre os peitos dos animais sacrificados e el queimou os pedazos de graxa sobre o altar.
21
Pero Aarón presentou os peitos e o pernil dreito como ofrenda abanada diante de Iahveh, tal como Moisés ordenara
22
Entón Aarón levantou as súas mans cara ao pobo e bendiciuno e despois de ofrecer a ofrenda polo pecado, o holocausto e as ofrendas de paz, descendeu.
23
E Moisés e Aarón entraron no tabernáculo e ao saíren, bendiciron ao pobo e a gloria de Iahveh aparecéuselle a todo o pobo.
24
E saiu fogo de diante da presenza de Iahveh, que consumiu o holocausto e os anacos de graxa sobre o altar . E véndoo todo o pobo , aclamaron e e caeron sobre os seus rostros