1 E vendo Raquel que non daba fillos a Xacob, tivo celos da súa irmá e dicía a Xacob: Dáme fillos, ou morro. 2 2.- Entón Xacob encendeuse en ira contra Raquel e dixo: Estou eu en lugar de Deus, que che negou o froito do teu ventre? 3 E ela dixo: Aquí está a miña serva Bilha; chégate a ela para que dea a luz nos meus xeonllos, e eu tamén terei fillos por medio dela. 4 E deulle a súa serva Bilha por muller, e Xacob deitouse con ela. 5 Bilha concibiu e deu a luz un fillo a Xacob. 6 E dixo Raquel: Vindicoume Deus; certamente oíu a miña voz e deume un fillo; por tanto púxolle por nome Dan. 7 E concibiu outra vez Bilha, a serva de Raquel, e deu a luz o segundo fillo a Xacob. 8 E dixo Raquel: Con loitas de Deus disputei coa miña irmá e certamente vencín. E púxolle por nome Neftalí. 9 Vendo Lea que deixara de dar a luz, tomou a súa serva Zilpa e deulla por muller a Xacob. 10 E Zilpa, serva de Lea, deu a luz un fillo a Xacob. 11 E Lea dixo: Veu a boa sorte. E chamou o seu nome Gad. 12 Despois Zilpa, serva de Lea, deu a luz un segundo fillo a Xacob. 13 E Lea dixo: Feliz de min, porque as mulleres felicitaranme. E púxolle por nome Aser. 14 E foi Rubén nos días da colleita de trigo, e atopou mandrágoras no campo, e tróuxollas á súa nai Lea. Entón Raquel dixo a Lea: Dáme, rógoche, das mandrágoras do teu fillo. 15 Pero ela respondeulle: Paréceche pouco quitarme o marido? Quitarasme tamén as mandrágoras do meu fillo? E Raquel dixo: Dormirá contigo esta noite polas mandrágoras do teu fillo. 16 E cando Xacob veu do campo á tarde, Lea saíu ao seu encontró e díxolle: Debes chegarte a min, porque certamente alugueite polas mandrágoras do meu fillo. E el durmiu con ela aquela noite. 17 Escoitou Deus a Lea, e ela concibiu, e deu a luz o quinto fillo a Xacob. 18 E Lea dixo: Deus deume a miña recompensa porque dei a miña serva ao meu marido. E púxolle por nome Isacar. 19 Concibiu Lea outra vez e deu a luz o sexto fillo a Jacob. 20 E Lea dixo: Deus favoreceume cunha bo dote; agora o meu marido vivirá comigo, porque lle dei seis fillos. E púxolle por nome Zabulón. 21 Despois deu a luz unha filla, e púxolle por nome Dina. 22 Entón Deus lembrouse de Raquel; e Deus escoitouna e concedeulle fillos. 23 E ela concibiu e deu a luz un fillo, e dixo: Deus quitou a miña afronta. 24 E púxolle por nome Xosé, dicindo: Que o Señor me engada outro fillo. 25 E sucedeu cando Raquel deu a luz a Xosé, que Xacob dixo a Labán: Despídeme e irei ao meu lugar e á miña terra. 26 Dáme as miñas mulleres e os meus fillos polos cales te servín, e déixame ir; pois ti ben sabes o servizo que che prestei. 27 Pero Labán respondeulle: Se agora achei graza diante dos teus ollos, queda comigo; deime conta de que o Señor me bendixo por causa túa. 28 E engadiu: Fíxame o teu salario(soldo), e dareicho. 29 Mais el respondeulle: Ti sabes como te servín, e como lle foi ao teu gando comigo. 30 Porque tiñas pouco antes de que eu viñese, e aumentou ata ser multitude; e o Señor bendíxoche en todo o que fixen. E agora, cando proverei eu tamén para a miña propia casa? 31 E el respondeu: Que che darei? E Xacob dixo: Non me deas nada. Volverei a pastorear e a coidar o teu rabaño se tan só fas isto por min: 32 Déixame pasar por entre todo o teu rabaño hoxe, apartando del toda ovella riscada ou pinta e todos os cordeiros negros, e as riscadas ou pintas de entre as cabras, e ese será o meu salario. 33 A miña honradez responderá por min o día de mañá, cando veñas ver acerca do meu salario. Todo o que non sexa moteado e manchado entre as cabras, e negro entre os cordeiros meus, considerarase roubado. 34 E Labán dixo: Moi ben, sexa conforme á túa palabra. 35 Aquel mesmo día apartou Labán os machos cabríos raiados ou manchados e tódalas cabras pintas ou riscadas, e todo o que tiña algo de branco, e de entre os cordeiros tódolos negros, e púxoo todo ao coidado dos seus fillos. 36 E puxo unha distancia de tres días de camiño entre si e Xacob; e Xacob apacentaba o resto dos rabaños de Labán. 37 Entón Xacob tomou varas de álamo(chopo) verdes, de amendoeira e de plátano, e sacoulles tiras brancas da cortiza, descubrindo así o branco das varas. 38 E colocou as varas que descortizara diante dos rabaños, nas canles, nos bebedoiros, onde os rabaños viñan beber; e quentábanse cando viñan beber. 39 Así se apareaban os rabaños xunto ás varas; e os rabaños tiñan crías raiadas, riscadas e pintas. 40 E Xacob apartou os cordeiros, e puxo os raiados no seu rabaño e a todo o negro no rabaño de Labán, e puxo o seu propio rabaño aparte; non o puxo co rabaño de Labán. 41 Ademais, sucedía que cada vez que os máis robustos do rabaño se apareaban, Xacob poñía as varas á vista do rabaño nas canles, para que se aparearan fronte ás varas; 42 pero cando o rabaño era débil, non as poñía, de maneira que as crías febles foron para Labán e as robustas de Xacob. 43 Así prosperou o home en gran maneira, e tivo grandes rabaños, e servas e servos, e camelos e asnos.