1 Entón Xacob seguiu o seu camiño e foi á terra dos fillos de oriente. 2 E mirou e viu un pozo no campo, e, velaquí tres rabaños de ovellas que estaban deitados alí ao seu carón porque daquel pozo daban de beber aos rabaños, e a pedra sobre a boca do pozo era grande. 3 E cando os rabaños xuntábanse alí, entón rodaban a pedra da boca do pozo e daban de beber ás ovellas e volvían poñer a pedra no seu lugar, sobre a boca do pozo. 4 E Xacob dixo aos pastores: Meus irmáns, de onde sodes? E eles dixeron: Somos de Harán. 5 Entón díxolles: Coñecedes a Labán, o fillo de Nacor? E eles responderon: Coñecémolo. 6 E el díxolles: Está ben? E dixeron: Está ben; mira, a súa filla Raquel vén coas ovellas. 7 E el dixo: Velaquí aínda é cedo no día; non é hora de recoller o gando. Dade de beber ás ovellas e ide a apacentalas. 8 Mais eles dixeron: Non podemos ata que se xunten tódolos rabaños e removan a pedra da boca do pozo; entón daremos de beber ovellas. 9 Aínda estaba el falando con eles, cando chegou Raquel coas ovellas do seu pai, pois ela era a pastora. 10 E sucedeu que cando Xacob viu a Raquel, filla de Labán, irmán da súa nai, Xacob subiu e quitou a pedra da boca do pozo e deu de beber ao rabaño de Labán, irmán da súa nai. 11 E Xacob bicou Raquel e levantou a súa voz e chorou. 12 E Xacob fixo saber a Raquel que el era parente do seu pai, e que era fillo de Rebeca; e ela foi correndo dicirllo ao seu pai. 13 E sucedeu que cando Labán oíu as novas de Xacob fillo da súa irmá, correu ao seu encontro, deulle una aperta, bicouno e levouno á súa casa. Entón el contou a Labán todas estas cousas. 14 E díxolle Labán: Certamente ti es meu óso e miña carne. E Xacob quedou con el todo un mes. 15 E Labán dixo a Xacob: Seica por seres ti o meu irmán servirasme de graza? Faime saber cal será o teu salario. 16 Labán tiña dúas fillas; o nome da máis vella era Lea o nome da máis nova, Raquel. 17 E os ollos de Lea eran delicados, pero Raquel era de bela figura e fermosa aparencia. 18 E Xacob namorouse de Raquel e dixo: Servireite sete anos por Raquel, a túa filla máis nova. 19 E Labán dixo: Mellor será darcha a ti que lla dar a outro home; queda comigo. 20 Xacob pois, serviu sete anos por Raquel e parecéronlle uns poucos días polo amor que lle tiña. 21 Entón dixo Xacob a Labán: Dáme a miña muller, porque o meu tempo cumpriuse para unirme a ela. 22 E Labán xuntou todos os homes do lugar, e fixo un banquete. 23 E sucedeu que á noitiña tomou á súa filla Lea e tróuxolla, e Xacob deitóuse con ela. 24 E deu Labán a súa serva Zilpa á súa filla Lea por criada. 25 Cando foi de mañá, velaquí que era Lea. E Xacob dixo a Labán: Que é isto que me fixeches? Non foi por Raquel por quen te servín? Por que me enganaches entón? 26 E Labán respondeu: Non se acostuma no noso lugar dar a máis nova antes da máis vella. 27 Cumpre a semana desta, e darémosche tamén a outra polo servizo que me farás outros sete anos. 28 Así fixo Xacob e cumpriu a semana dela e Labán deulle á súa filla Raquel por muller. 29 E Labán deu a súa serva Bilha por criada á súa filla Raquel. 30 E Xacob deitouse tamén con Raquel e amou máis a Raquel que a Lea; e serviu a Labán por outros sete anos. 31 E viu o Señor que Lea era aborrecida e concedeulle fillos; pero Raquel era estéril. 32 E concebiu Lea e deu a luz un fillo e púxolle por nome Rubén, pois dixo: Xa que Señor mirou a miña aflición, agora amarame o meu marido. 33 Concibiu outra vez e deu a luz un fillo, e dixo: Porque o Señor oíu que son aborrecida, deume tamén este fillo. E chamou o seu nome Simeón. 34 Concibiu outra vez, e deu a luz un fillo, e dixo: Agora esta vez o meu marido apegarase a min, porque xa lle dei tres fillos; por iso chamou o seu nome Leví. 35 Concibiu outra vez e deu a luz un fillo e dixo: Esta vez louvarei o Señor; por isto chamou o seu nome Xudá; e deixou de dar a luz.