Capítulo 28

1 E chamou Isaac a Xacob, bendíxoo e ordenuoulle dicindo: "Non tomarás muller de entre as fillas de Canaán. 2 Erguete, vai a Padán-aram, a casa de Betuel, pai da túa nai; e toma de alí muller de entre as fillas de Labán, irmán da túa nai." 3 E o Deus Todopodroso te abençoe e che faga fructificar e te multiplique, para que chegues a ser multitude de pobos. 4 E che dea a bendición de Abraham, e á túa descendencia contigo, para que herdes a terra das túas peregrinacións, que Deus deu a Abraham. 5 Entón Abraham despediu a Xacob, e el foi a Padán-aram, a casa de Labán, fillo de Betuel, irmán de Rebeca, nai de Xacob e Esaú. 6 E viu Esaú que Isaac bendicira a Xacob e o enviara a Padán-aram para tomar para si, muller de alí, e, cando o bendixo, deulle ordes dicindo: Non tomarás para ti muller de entre as fillas de Canaán, 7 e que Xacob obedecera ao seu pai e a súa nai e marchara a Padán-aram. 8 Viu, pois, Esaú que as fillas de Canaán non eran do agrado do seu pai Isaac; 9 E Esaú foi a Ismael e tomou por muller, ademáis das mulleres que xa tiña, a Mahalat, filla de Ismael, fillo de Abraham, irmá de Nebaiot. 10 E saíu Xacob de Beerseba e foi a Harán. 11 E chegou a certo lugar e pasou a noite alí , porque o sol xa se puxera; colleu unha das pedras do lugar, púxoa na cabeceira e deitouse naquel lugar. 12 E tivo un soño, e velaquí, había unha escaleira apoiada na terra e seu extremo superior chegaba ao ceo; e velaquí, os anxos de Deus subían e baixaban por ela. 13 E velaquí, o Señor estaba sobre ela e dixo: "Eu son o Señor, o Deus do teu pai Abraham e o Deus de Isaac. Dareiche a terra na que estás deitado, a ti e a túa descendencia. 14 Tamén a túa descendencia será como o pó da terra e estenderaste cara o occidente e cara o oriente, cara o norte e cara o sur; e en ti e na túa semente serán bendicidas todas as familias da terra. 15 Velaquí, Eu son contigo, e gardareite por onde quera que vaias e fareite volver a esta terra; porque non te deixarei ata que faga o que che prometín." 16 Acordou Xacob do seu soño e dixo: Abofé que o Señor está neste lugar e eu non o sabía. 17 E tivo medo e dixo: Que terrible é este lugar! Non é outra cousa que casa de Deus e porta do ceo. 18 E levantouse Xacob moi de mañá, e tomou a pedra que puxera de cabeceira, erixiuna por sinal e derramou aceite sobre ela. 19 E púxolle o nome de Betel a aquel lugar, aínda que anteriormente o nome da cidade era Luz. 20 Entón Xacob fixo un voto dicindo: Se fora Deus comigo e me gardara neste camiño no que vou e me dera alimento para comer e roupa para vestir, 21 e se volvera san e salvo a casa do meu pai, entón o Señor será o meu Deus. 22 E esta pedra que puxen por sinal será casa de Deus; e de todo o que me deas dareiche a décima parte.