Capítulo 13 25

1 E Abraham tomou outra muller chamada Cetura. 2 Esta deulle por fillos a Zimram, a Jocsán, Medán, Madián, Isbac e a Súa. 3 Jocsán xerou a Seba e a Dedán, E os fillos de Dedán foron Asurim, Letusim e Leumim. 4 E os fillos de Madián foron Efa, Efer, Hanoc, Abida e Elda. Todos estes foron os fillos de Cetura. 5 Abraham deu a Isaac todo o que posuía, 6 e aos fillos das súas concubinas Abraham deulles presentes mentres aínda vivía, e afastounos lonxe de Isaac, cara ao leste, á terra do oriente. 7 Os anos da vida de Abraham foron cento setenta e cinco. 8 Abraham expirou, e morreu de boa vellez, ancián e cheo de días, e foi unido ao seu pobo. 9 E os seus fillos Isaac e Isamel sepultárono na cova de Macpela, no campo de Efrón, fillo de Zohar hitita, que está fronte a Mamre, 10 o campo que Abraham comprou aos fillos de Het; ali foi sepultado Abraham coa súa muller. 11 E sucedeu que despois da morte de Abraham, Deus bendiciu ao se fillo Isaac. E viviu Isaac xunto a Beer-lajai-roi. 12 Estas son as xeracións de Ismael, fillo de Abraham, e de Agar, a exipcia, serva de Sara; 13 e estes son os nomes dos fillos de Ismael, nomeados por orde de nacemento: o primoxénito , Nebaiot; despois Cedar, Abdeel, Mibsam , 14 Misma, Duma, Massa 15 Hadar, Tema, Jetur, Nafis e Cedema. 16 Estes son os fillos de Ismael, e estes son os seus nomes, polas súas aldeas e polos seus campamentos, doce príncipes segundo as súas tribos. 17 Estes foron os anos da vida de Ismael, cento trinta e sete anos. E expirou Ismael e morreu, e foi unido ao seu pobo. 18 E habitou desde Havila ata Shur, que esta fronte a Exipto, segundo se vai cara Asiria; alí estabelceuse fronte a todos os seus parentes. 19 Estas son as xeracións de Isaac, fillo de Abraham: Abraham xerou a Isaac. 20 Isaac tiña corenta años cando tomou por muller a Rebeca, filla de Betuel, arameo de Padán-aram, irmá de Labán arameo. 21 E Isaac pregou a Iahveh pola súa muller que era estéril; e Iahveh escoutouno e Rebeca quedou embarazada. 22 Pero os nenos loitaban dentro dela, e ela dixo: Se isto é así, para que vivo eu? e foi consultar a Iahveh 23 E Iahveh díxolle: "Dúas nacións hai no teu ventre, e dous pobos dividiranse dende as túas entrañas; un pobo será máis forte que o outro, e o máis vello servirá ao máis novo." 24 Cando chegou a hora do parto, velaquí que tiña dous xemelgos no seu ventre. 25 Saiu primeiro un rubio, todo peludo coma unha pelica, e chamárono Esau. 26 Despois saui o seu irmán, collendo coa súa man o talón de Esaú, o seu irmán, e chamárono Jacob. Isaac tiña sesenta anos cando ela deu a luz. 27 E os nenos creceros, e Esaú foi hábil na caza, home de campo; pero Jacob era home pacífico, que habitaba en tendas. 28 E Isaac amaba a Esaú, porque gustaba da súa caza. Pero Rebeca prefería a Jacob. 29 Un día, cando Jacob tiña preparado un potaxe, Esaú chegou do campo esgotado, 30 e díxolle a Jacob: "Prégoche que me deas un pouco dese guiso vermello para comer, pois estou esgotado". Por iso lle chamaron Edom 31 Pero Jacob díxolle: Véndeme primeiro o teu dereito de primoxenitura. 32 E Esaú dixo: "Velaí que estou a piques de morrer; Para que me serve entón a primoxenitura? 33 Jacob dixo: "Xúrame primeiro. e xuroullo e vendeu a súa primogenitura a Xacob. 34 Entón Jacob deulle a Esaú pan e mais o guiso de lentellas. El comeu e bebeu, e despois marchou. Así menosprezou Esaú a primoxenitura.