Capítulo 29 36

1 E Bezaleel, Aholiab e toda persoa habilidosa en quen Iahveh puxo sabedoría e entendemento para saberen facer toda a obra de construción do santuario, farán todo conforme ao que mandou Iahveh 2 Entón Moisés chamou a Bezaleel , a Aholiab e a toda persoa hábil, aos que Iahveh dera habilidade e a cantos estaban dispostos de corazón para facer a obra. 3 E recibiron de Moisés tódalas ofrendas que os fillos de Israel trouxeran para facer a obra de construción do santuario. E eles seguían traendo ofrendas voluntarias cada mañá. 4 Así que viñeron tódolos homes destros que facían o traballo do santuario, deixando cada un a obra que facía 5 e dixéronlle a Moisés: O pobo trae máis do necesario para a obra de construción que Iahveh ordenou. 6 Entón Moisés deu unha orde de pregoar no campamento dicindo: "Ningún ningún home nin muller se esforce en traer máis ofrendas para as obras do santuario". Isto impediu que o pobo trouxera máis. 7 Porque o material que tiñan era abundante e abondo para facer toda a obra. 8 E os máis destros dos artífices puxéronse a facer o tabernáculo con dez cortinas de liño fino torcido, e tea azul, púrpura e escarlata, con querubíns, obra de hábil artesán. Fíxoas Bezaleel. 9 Cada cortina medía vinte e oito cóbados de longo por catro de ancho; eran todas da mesma medida. 10 E uniu cinco cortinas unha coa outra; tamén uniu as outras cinco cortinas unha coa outra. 11 E fixo lazadas de tea azul na orla da cortina do extremo do primeiro enlace, e na orla da cortina do extremo do segundo enlace. 12 Fixo cincuenta lazos nunha cortina e cincuenta lazos na orla no bordo da cortina do segundo enlace; os lazos corespondíanse entre eles. 13 Ademais fixo cincuenta broches de ouro, e uniu con eles as cortinas entre si, de xeito que o tabernáculo foi unha unidade. 14 Tamén fixo once cortinas de pelo de cabra que servían de tenda sobre o tabernáculo. 15 Cada cortina medía trinta cóbados de longo e catro de ancho, todas da mesma medida. 16 Uniu unha serie cinco cortinas e seis cortinas noutra, e puxeron cincuenta presillas na orla de cada unha das dúas series de cortinas empatadas. 17 Fixo cincuenta lazos no bordo da cortina ao final do primeiro enlace, e cincuenta lazos no bordo da cortina ao final do segundo enlace. 18 19 Fixo ademais cincuenta broches de bronce para unir a tenda, para que fora un todo. Tamén fixo unha cuberta para o tabernáculo de peles de carneiro tinguidas de vermello, con outra cuberta por enriba de peles de toniña. 20 Logo fixo táboas de madeira de acacia para o tabernáculo colocándoas en posición vertical. 21 Cada unha medía dez cóbados de longo e un e medio de ancho 22 Cada táboa remataba en dous cantís, para ensamblar unhas nas outras; así fixo con tódalas táboas do tabernáculo. 23 Fixo, pois, as táboas para o tabernáculo: vinte táboas para o lado sur 24 Tamén fixo corenta baseamentos de prata debaixo das vinte táboas: dous base debaixo de unha táboa para os seus dous cantís e dúas bases debaixo outra táboa para os seus dous cantís. 25 E para o segundo lado do tabernáculo, o lado norte, fixo vinte táboas 26 e as súas corenta bases de prata: dúas debaixo dunha táboa e dúas bases debaixo da outra táboa. 27 E para o fondo do tabernáculo, cara ao oeste, fixo seis táboas. 28 para as esquinas do tabernáculo fixo dúas táboas na parte traseira. 29 Estas eran parellas por abaixo e encaixaban por enrriba, ata a primeira argola. Dese xeito fixo os dous cantos. 30 Eran, por xunto, oito táboas, con dezaseis baseamentos de prata, dúas para cada táboa. 31 Fixo tamén os traveseiros, de madeira de acacia, cinco para as táboas dun flanco do tabernáculo cinco para as do outro 32 e cinco para as do lado posterior do tabernáculo ,cara ao occidente. 33 Fixo tamén o traveseiro que pasa polo medio das táboas, desde unha punta á outra. 34 Revestiu as táboas de ouro, e o mesmo os traveseiros, e fixo argolas de ouro polas que pasaban os traveseiros. 35 Ademais fixo o veo de tea azul, púrpura e escarlata e liño fino torcido; fíxoo con querubíns, obra de hábil artífice 36 Para penduralo fixo catro columnas de madeira de acacia, revestidas de ouro, con ganchos tamén de ouro; para as columnas fundiu catro baseamentos de prata. 37 Tamén fixo unha cortina para a entrada da tenda de tea azul, púrpura e escarlata e liño fino retorcido, obra de tecedor, 38 coas súas cinco columnas e ganchos; e cubriu de ouro os seus capiteis e molduras; pero as súas cinco bases eran de bronce.