Capítulo 29 35

1 Entón Moisés reuniu a toda a comunidade dos fillos de Israel e díxolles: "Estas con as cousas que Iahveh mandou facer: 2 Seis días traballarás , pero o sétimo será un día santo , día de completo repouso para Iahveh; quen faga algún traballo nese día morrerá. 3 Non prenderedes lume nas vosas casas no día de repouso. 4 E Moisés díxolle a toda a comunidade dos fillos de Israel: Estas son as ordes de Iahveh: 5 Tomade dentre vós ofrenda para Iahveh. Os que teñan corazón xeneroso traian como ofrenda para Iahveh ouro, prata ou bronce; 6 pano azul, púrura e escarlata, liño fino e pelo de cabra; 7 peles de carneiro tinguidas de vermello, peles de toniña e madeira de acacia; 8 aceite para o alumeamento, especias para o óleo da unción e para o incenso recedente ; 9 pedras de ónix e pedras de engaste para o efod e para o peitoral. 10 Cantos de entre vós teñan habilidade, que veñan para facer o que Iahveh ordenou: 11 o tabernáculo, a súa tenda e as súas cubertas, os seus broches e as súas táboas, as súas barras, as súas columnas e os seus alicerces, 12 a arca e as súas varas, o propiciatorio e o veo da cortina; 13 a mesa e as súas varas e todos os seus utensilios, e o pan da Presenza; 14 tamén o candelabro para alumar, cos seus trebellos, e as súas lámpadas e o aceite do alumamento; 15 o altar do incenso cos seus traveseiros, o óleo de unción, o incenso recendente, e a cortina da porta da entrada do tabernáculo; 16 o altar do holocausto, coa súa reixa de bronce, as súas varas e todos os seus trebellos, e a pía coa súa base; 17 tódalas cortinas do adro, as súas columnas e as súas bases, e a cortina para a porta do adro; 18 as estacas do tabernáculo e a do adro, coas súas cordas; 19 as vestiduras tecidas para o ministerio no lugar santo, as vestiduras sacras do sacerdote Aarón e as dos seus fillos para o servizo no sacerdocio". 20 A comunidade dos fillos de Israel retirouse de onda Moisés 21 e veu todo aquel a quen o seu corazón estimulou e todo aquel a quen moveu o seu espírito e tróuxolle a Iahveh a súa ofrenda para as obras da tenda de reunión , para todo o seu servizo e para as vestiduras sagradas. 22 todos aqueles de corazón xeneroso, tanto homes como mulleres, trouxeron broches, pendentes, aneis e pulseiras, todo tipo de obxectos de ouro; cada quen presentou unha ofrenda de ouro a Iahveh. 23 E quen tiña pano azul, púrpura , escarlata liño fino, pelo de cabra, peles de carneiro tinguidas de vermello e peles de toniña, traía do que tiña. 24 E todos os que podían, colaboraban con prata e bronce para Iahveh; e todos os que tiñan madeira de acacia, traíana para calquera obra do servizo. 25 E tódalas mullers habilidosas fiaron coas súas mans e trouxeron os tecidos de pano azul, pùrpura , escarlata e liño fino. 26 E todas as que tiñan habilidade fiaron pelo de cabra . 27 E os xefes trouxeron pedras de ónix e pedras de engaste, para o efod e para o peitoral 28 e as especias e o aceite para o alumamento, para o óleo da unción, e para o incenso recendente. 29 Dos fillos de Israel, todos os homes e mulleres de espírito xeneroso para poñer a súa parte na obra que Iahveh ordenara facer por medio de Moisés, traía a súa ofrenda voluntaria para Iahveh. 30 Entón Moises díxolles aos fillos de Israel: Mirade, Iahveh chamou polo seu nome a Bezaleel , fillo de Uri, fillo de Hur, da tribo de Judá 31 e encheuno do Espírito de Deus, en sabedoría, entendemento, e en coñecemento para toda clase de arte, 32 para facer deseños, para traballar o ouro, a prata e o bronce, 33 para labrar pedras para engaste, para tallar madeira e para traballar en todo tipo de obras enxeñosas. 34 Tamén puxo no seu corazón o don de ensinar, tanto a el como a Aholiab, fillo de Ahisamac, da tribo de Dan. 35 Encheunos de habilidade para faceren toda clase de traballos de gravador, deseñador e bordador en tecido azul, en púrpura, en escarlata e en liño fino e como tecedor; formados para toda obra creadores de deseños.