1 E Iahveh dixo a Moisés: "Labra dúas táboas de pedra, o mesmo que as primeiras e eu escribirei nelas as palabras que había nas que rompiches. 2 Prepárate pois, para mañá e sube cedo ao monte Sinaí, e alí preséntate a min no cume do monte. 3 Que ninguén suba contigo; que non se vexa a ninguén en todo o monte; que nin sequera pazan perto del nin ovellas nin vacas". 4 Moisés labrou dúas táboas de pedra, o mesmo que as primeiras, ergueuse cedo e subiu ao monte Sinaí, conforme lle mandara Iahveh, levando consigo as dúas táboas de pedra. 5 E Iahveh descendeu na nube e estivo alí con el , mentres invocaba o nome de Iahveh. 6 Entón Iahveh pasou diante del e proclamou: Iahveh , Iahveh Deus compasivo e misericordioso, lento para a ira e abundante en misericordia e fidelidade; 7 que garda a misericordia por milleiros, que perdoa a iniquidade, a transgresión e o pecado, e que non terá por inocente ao culpable; quen castiga a iniquidade dos pais sobre os fillos e sobre os fillos dos fillos ata a terceira e a cuarta xeración 8 E Moisés apresurouse a inclinarse ata o chan e adorou, 9 e dixo: Se agora, Iahveh atopei graza ante os teus ollos, vai agora entre nós, aínda que o pobo sexa de cerviz dura; e perdoa a nosa iniquidade e o noso pecado, e tómanos para a túa posesión. 10 E Iahveh respondeu: Velaquí, vou facer un pacto. Diante de todo o teu pobo farei marabillas que non se fixeron en toda a terra nin en ningunha das nacións; e todo o pobo no que habitas verá a obra de Iahveh, porque será coisa temible a que eu farei contigo. 11 Mira o que che mando hoxe: velaquí, botarei de diante de ti ao amorreo, ao cananeo, ao hitita, ao ferezeo, ao heveo e ao jebuseo. 12 Gárdate de facer pacto cos moradores da terra na que entras, non sexa que iso se converta nun atranco para ti., 13 senón que derrubaredes os seus altares, romperedes os seus alicerces sagrados e cortaredes as súas imaxes de Asera 14 (pois non adorarás a ningún outro deus, porque Iahveh, cuxo nome é Celoso, é un Deus celoso) 15 non sexa que, despois de se prostituíren cos seus deuses e de lles ofreceren sacrificios, alguén te convide a comer dos seus sacrificios e ti comas do seu sacrificio; 16 e tomes das súas fillas mulleres para os teus fillos non sexa que ó prostituírense elas cos seus deuses, leven á prostitución tamén ós teus fillos cos deuses delas. 17 Non te farás deuses de fundición. 18 Gardarás a festa dos pans ázimos. Sete días comerás pas ázimos, conforme che mandei, no tempo sinalado no mes de Abib, porque no mes de Abib saíches de Exipto 19 Todo primoxénito me pertence, e de todo o teu gando, o primeiro nacido de vaca ou de ovella, que sexa macho. 20 Rescatarás cunha ovella ao primoxénito de asno ; e se non o rescatas, deberala desnocar. Redimirás a todos os primoxénitos dos teus fillos; e ninguén virá diante de min coas mans baleiras. 21 Seis días traballarás e o sétimo descansarás, mesmo no tempo de arar e de segar, descansarás. 22 Tamén celebrarás a festa das semanas, ao comezo da sega do trigo, e a festa da colleita, á fin do ano. 23 Tres veces ao ano todos os teus homes presentaranse ante o Señor Iahveh, Deus de Israel. 24 Porque expulsarei as nacións da túa presenza e ensancharei as túas fronteiras, e ninguén cobizará a túa terra namentres subas tres veces ao ano para presentarte ante Iahveh, o teu Deus. 25 Non ofrecerás o sangue do meu sacrificio con pan lévedo, nin do sacrificio da festa da Pascua deixarás quedar nada para o día seguinte. 26 Levarás á casa de Iahveh o teu Deus os primeiros froitos da túa terra. Non cocerás o cabrito no leite de súa nai" 27 Entón Iahveh dixo a Moisés: "Escribe estas palabras, porque conforme a estas palabras fixen un pacto contigo e con Israel. 28 E Moisés estivo alí con Iahveh corenta días e corenta noites. Non comeu nin bebeu auga. E escribiu nas táboas as palabras do pacto, os dez mandamentos. 29 E aconteceu que cando Moisés baixaba do monte Sinaí, coas dúas táboas de testemuño na man, non sabía que lle brillaba a pel da cara, por conversar con Deus. 30 O veren Aarón e os fillos de Israel que a pel da cara lle brillaba, tiñan medo de achegarse a Moisés. 31 Entón Moisés chamounos e Aarón e tódolos xefes da congregación volveron onda el, e Moisés faloulles. 32 Despois achegáronse a el todos os fillos de Israel e Moisés mandoulles que fixeran todo que Iahveh lle dixera no monte Sinaí. 33 Cando acabou de falar con eles, tapou a cara cun veo. 34 Pero sempre que Moisés entraba na presenza de Iahveh para falar con el, quitábase o veo ata que saía; e sempre que saía e contaba aos fillos de Israel o que se lle mandara, 35 os fillos de Israel vían que a pel do rostro de Moisés brillaba. E Moisés volvía poñer o veo sobre o seu rostro ata que entraba para falar con Deus.