1 Entón Iahveh dixo a Moisés:‑"Anda, ti e o pobo que trouxeches de Exipto e sube de aquí cara á terra, da que eu xurei a Abraham, a Isaac e a Xacob, dicindo: "Dareilla á túa descendencia". 2 E enviarei un anxo diante de ti, e botarei fóra ao cananeo, ao amorreo, ao hitita, ao ferezeo, ao heveo e ao jebuseo. 3 Sube a unha terra que mana leite e mel; pois eu non irei entre vós, oh Israel, non sexa que te destrúa no camiño, porque es pobo de dura cerviz . 4 E ouvindo o pobo esta mala noticia, fixeron dó, e ninguén deles puxo os seus atavíos. 5 Porque Iahveh dixera a Moisés: Di aos fillos de Israel: " Sodes un pobo de cerviz dura; se por un momento eu subise entre vós, acabaría convosco. Agora tirade de enriba os vosos atavíos, e verei que fago convosco". 6 E os fillos de Israel despoxáronse dos seus atavíos desde o monte Horeb . 7 Moisés levantou a tenda e plantouna lonxe, fóra do campamento; e chamouna tenda de reunión. O que quería visitar a Iahveh, saía do campamento e ía fóra del, á tenda de reunión. 8 Cando Moisés saía cara á tenda, todo o pobo agardaba de pé, cada un á entrada da súa tenda, e miraban a Moisés ata que entraba na tenda de reunión. 9 E cando Moisés entraba na tenda, a columna de nube descendía e permanecía na entrada da tenda e Iahveh falaba con Moisés 10 Cando todo o pobo vía a columna de nube na entrada da tenda de reunión todos se erguían e adoraban , cada un á entrada da súa tenda. 11 E Iahveh falaba con Moisés cara a cara, coma un home co seu amigo. Cando Moisés volvía para o campamento, o seu mozo servidor Xosué, fillo de Nun, non se afastaba da tenda. 12 E díxolle Moisés a Iahveh: Mira, ti disme: "Fai subir a este pobo"; pero non me dixeches a quen enviarás comigo. Ademais dixeches: "Coñecinte polo teu nome, e tamén atopaches gracia aos meus ollos". 13 Agora pois, se atopei gracia aos teus ollos, rógoche que me fagas saber os teus camiños, para que eu te coñeza e atope gracia ante os teus ollos. Considera tamén que esta nación é o teu pobo. 14 E el respondeu: A miña presenza irá contigo, e eu dareiche descanso. 15 Entón Moisés díxolle: Se a túa presenza non vai connosco, non nos fagas marchar de aquí. 16 Pois como se saberá que o teu pobo e eu atopamos graza aos teus ollos? Non é no feito de que que vaias ti connosco, para que nós, o teu pobo e eu poidamos distinguirnos de todos os demais pobos que hai sobre a face da terra? 17 E Iahveh díxolle a Moisés: Tamén farei isto que dixeches, porque atopaches graza ante os meus ollos e coñézote polo teu nome. 18 Entón Moisés dixo: "Prégoche que me mostres a túa gloria" 19 El Respondeulle: ‑"Farei pasar diante de ti toda a miña bondade e pronunciarei diante de ti o nome de Iahveh, e terei misericordia de quen eu teña misericordia e compadecereime de quen eu me compadeza. 20 E engadiu: "non poderás ver o meu rostro, porque ninguén pode verme e seguir vivindo." 21 E dixo aínda Iahveh: ‑"Aí tes un lugar perto de min, e ti estarás enriba daquel penedo. 22 e ao pasar a miña gloria, metereite nunha greta e tapareite coa miña man, ata que eu teña pasado. 23 Despois apartarei a miña man, e verás as miñas costas, pero non se verá o meu rostro".