1 Isto é o que o Señor Iahveh me mostrou: Velaquí que El formou enxame de saltóns cando comezaba a brotar a colleita de primavera. E velaquí, a colleita de primavera era despois da sega do rei. 2 E sucedeu que cando terminaran de devorar a herba da terra, eu dixen: Señor Iahveh, rógoche que me perdoes, como poderá resistir Iacob se é tan pequeno? 3 Apiadouse Iahveh disto: Non sucederá-- dixo Iahveh. 4 Isto é o que o Señor Iahveh me mostrou: velaquí o Señor Iahveh chamaba para xulgalos con fogo, e consumiu o gran abismo e comezou a consumir o campo. 5 Entón dixen: Señor Iahveh, para, rógoche. como poderá resistir Iacob se é tan pequeno? 6 Tivo piedade Iahveh disto: Isto tampouco sucederá-- dixo o Señor Iahveh. 7 Isto é o que El me mostrou: Velaquí, Adonai estaba xunto a un muro feito de chumbo e tiña na súa man unha chumbada. 8 E díxome Iahveh: "que ves Amós?" E eu respondín: Unha chumbada. Entón dixo Iahveh: Velaquí, poñerei unha chumbada no medio do meu pobo Israel. Xa non volverei deixalos sen castigo 9 Os lugares altos de Isaac serán asolados e os santuarios de Israel destruídos; e eu levantareime con espada contra a casa de Jeroboam. 10 Entón Amasías , sacerdote de Betel, enviou palabra de Jeroboam, rei de Israel, dicindo: Amós conspira contra ti no medio da casa de Israel; a terra xa non pode soportar tódalas súas palabras. 11 Porque así di Amós: Jeroboam morrerá a espada en verdade Israel sairá da súa terra en catividade. 12 Amasías dixo a Amós: " Vaite, vidente, fuxe á terra de Judá, come alí pan e alí profetiza; 13 pero en Betel non volvas profetizar máis, porque é santuario do rei e residencia real. 14 Entón respondeu Amós e dixo a Amasías: "Eu non son profeta, nin fillo de profeta, senón que son gandeiro e cultivador de sicómoros". 15 Pero Iahveh colleume cando pastoreaba o rabaño e díxome: Vai, profetiza ao meu pobo Israel 16 Agora, pois, escoita a palabra de Iahveh: Ti dis: "Non profetices contra Israel nin fales contra a casa de Isaac". 17 Por tanto, así di Iahveh: "A túa muller prostituiráse na cidade, os teus fillos e fillas caerán a espada, a túa terra será repartida a cordel, e ti morrerás en terra inmunda. Con toda verdade Israel sairá da súa terra en catividade"