1 Ai daqueles que viven tranquilos en SIón, de daqueles que se senten seguros no monte de Samaria, os notables das principais nacións , aos que acode a casa de Israel. 2 Pasade a Calne e mirade, e de alí ide a Hamat a grande, descendede logo a Gat dos filisteos. Sodes vós mellores que estes reinos, ou é o seu territorio maior que o voso? 3 Afastades o día de calamidade e achegades o trono de violencia? 4 Os que se deitan en camas de marfil, os que se deitan sobre os seus leitos, comen cordeiros do rabaño e xatos do medio da corte 5 os que improvisan ao son da arpa e, como David, compuxeron cantos para si; 6 que beben viño en cuncos do altar e se unxen cos óleos máis finos, pero non se lamentan pola ruína de Xosé. 7 Por iso agora eles irán ao exilio á fronte dos desterrados; e os banquetes dos disolutos rematarán. 8 Xurou o Señor Iahveh por si mesmo, declarou Adonai, Deus dos exércitos: aborrezo a arrogancia de Xacob, e detesto os seus palacios; por tanto entregaréi a cidade e todo o que hai nela. 9 E acontecerá que si dez homes quedan nunha mesma casa, morrerán. 10 Entón o seu tío ou o seu incinerador, despois de retirar os corpos da casa , dirá a quen está ao fondo da casa: "Está alguén máis contigo?", e este responderá: Ninguén. Entón aquél dirá: "Cala, porque non se debe mencionar o nome de Iahveh" 11 Porque velaquí, Iahveh ordenará que a casa grande sexa reducida a cascotes e que a casa pequena sexa feita anacos 12 Corren os cabalos pola pena? Árase nela con bois? Porque vós convertestes o dereito en veleno, e o froito de xustiza en amargura. 13 Vós que vos alegrades por Lo-debar, que decides: "Non tomamos para nós Carnáyim coa nosa propia forza?" 14 Pois velaquí, levantaréi contra vós , oh casa de Israel -- declara Iahveh, Deus dos exércitos-- unha nación que vos aflixirá desde a entrada de Hamar ata o regato do Arabá.