Capítulo 19

1 Chegaron, pois os dous anxos a Sodoma ao solpor, e Lot estaba sentado á porta de Sodoma. E véndoos Lot, ergueuse para recibilos e inclinouse ata ao chan 2 e dixo: Agora, pois, meus senhores, prégovos que veñades á casa do voso servo para hospedárdevos e lavar os vosos pés e á mañá cedo erguédevos e seguides o voso camiño. E eles responderon: Non, mais ben ficaremos na praza esta noite. 3 Mais el insistiulles moito e foron con el, e entraron na súa casa, e preparoulles un banquete, e coceu pans sen levadura e comeron. 1 4 E antes de se deitar, os veciños da cidade arrodearon a casa os homes, os homes de Sodoma, todos sen excepción do mais novo ata ao máis vello; 5 e chamaron a Lot e dixeronlle: Ulos homes que chegaron onda ti esta noite? Sácaos, para termos relacións íntimas. 6 7 8 Entón Lot saíulles á porta, pechándoa tras de si, e contestoulles: Prégovos, irmáns meuz, que non fagades tal maldade. Hei aquí agora eu teño dúas fillas aínda virxes, deixádeme que volas saque e facede con elas como en vos pareza mais a estes homes non lle fagades ren, pois son os meus hóspedes. 2 9 Mais eles replicaron: vaite daí! E engadiron: Ti sendo de fóra vasnos dicir o que temos que facer? Pois agora vas levar a peor parte. E botáronselle enriba e querían botar a porta abaixo. 10 E os homes estenderon a man e guareceron a Lot dentro da casa e pecharon as portas. 11 E aos homes que estaban de portas para fóra cegáronos, dend 3 e o primeiro ata o último, e acabaronse fartando de buscala porta. 12 E dixeronlle os homes a Lot: Tes aquí alguén máis? Teus xenros, teus fillos e tuas fillas, e quenqueira que teñas na cidade, sácao desta cidade. 13 Porque imos destruir este lugar, porcanto os seus berros non pararon de aumentar diante do Señor, polo tanto IAHVEH mandounos para destruíla. 4 14 Entón foi falar Lot con seus xenros que ían cazar con súas fillas, e díxolles: Levantádevos, porque IAHVEH vai destruir esta cidade. Pero os seus xenros pensaban que lles tomaba o pelo. 15 E ao raiar o día os anxos apuraban a Lot, dícindolle: Levantate, toma a túa muller e túas dúas fillas que aquí están para que non sexades destruídos no castigo da cidade. 16 Sen embargo el duvidaba 5 , Entón os dous homes pilláron polas mans a el, a súa muller e as súas fillas pois IAHVEH tivera compaixón del, e sácarono e puxérono fóra da cidade. 17 E unha vez que xa saíran ao exterior, un deles mandoulle: Fuxe pola túa vida, sen mirar atrás nin te deteñas en ningunha parte do val, escapa para o monte, non vaia ser que perezas. 18 Pero Lot pediulles: Mais non, señores meus, suplícovolo. 19 Posto que teu servo che caíu en graza, e non tiveches máis que misericordia cara min salvandome a vida, non me fagas escapar ao monte, non sexa que non dea sobrevivido. 20 Mirade esa cidade que está próxima para fuxir alí e aparte é pequena. Pídoche que me deixes fuxir alá, acaso non é pequena e poderei conservar a vida? 21 E respondeulle: Velaquí que che que concedo a túa petición e nin destruirei a cidade da que falzches. 22 Bule, foxe alí, porque nada podo facer ata que chegues alí. Por isto púxoselle á cidade o nome de Zoar. 23 O Sol saíra sobre a Terra ao chegar Lot a Zoar. 24 Entón fixo chover IAHVEH sobre Sodoma e Gomorra xofre e lume, de parte de IAHVEH dende os ceos; 25 e destruiu aquelas cidades con todos os seus habitantes e todo o val con todo o que medraba sobre el. 26 Pero a muller de Lot, que ía ás súas costas, volveu a vista atrás e tornouse en estatua de sal. 27 E ergueuse Abraham cedo e foi ata o lugar onde estivera diante de IAHVEH. 28 E olhou cara Sodoma e Gomorra, e cara toda a terra do val e mirou, e velaquí, o fume subía da terra coma o fume dun forno. 29 Así foi que cando Deus destruiu as cidades do val, lembrouse Deus de a Abraham 6 e fixo saír a Lot do medio da destrucción, ao asolar as cidades onde Lot habitaba. 30 Porén subiu Lot de Zoare para morar nos montes cas súas dúas fillas porque tiña medo de ficar en Zoar. E refuxiouse nunha caverna xunto as súas dúas fillas. 31 Entón a maior delas díxolle á menor: Noso pai é vello e xa non queda ningún home na zona 7 que nos rolde como se fai en todos lados. 32 Ven, deamoslle a beber viño a noso pai e deitémonos con el, para continuar a nosa linaxe a través del. 33 E deronlle a beber viño ao seu pai naquela noite e a maior entrou e deitouse co seu pai, e el non se enterou nin ao deitarse con ela nin ao erguerse. 34 O día seguinte díxolle a maior á menor: Mira, eu durmín a noite pasada con meu pai, demoslle de beber viño outra vez esta noite e entra e deitate con el, para continuar a nosa linaxe a través del. 35 E deronlle a beber viño a seu pai naquela noite e foi a menor e deitouse con el, e el non se enterou nin ao deitarse con ela nin o erguerse. 38 E concebiron do seu pai as dúas fillas de lot. 37 E deu a luz a maior un fillo e puxolle por nome Moabe, o cal é o pai dos moabitas ata o día de hoxe. 36 A menor tamén deu a luz un fillo e puxolle por nome Ben-Ami, o cal é o pai dos amonitas ata o día de hoxe.

1onda coñecer
2Arrédate!
3desde o menor ata o maior
4clamor, subiu diante do señor, cara o señor
5titubeaba
6tivo en conta a =
7rexión, país, comarca, terra, aos arredores