123
Dalí partiu Abraham a terra de Neguev e estableceuse en Cades e Shur, e residiu por un tempo en Gerar. E Abraham contou que Sara, a súa muller, era a súa irmá. Entón Abimelec, rei de Gerar, mandou traer a Sara par facela a súa esposa. Porén Deus faloulle en soños a Abimelec pola noite e díxolle: Has de morrer por tomar por muller a quen non debías, pois está casada.
4
Pero Abimilec que aínda non a tocara dixo: matarás tamén a quen nada fixo?
5
Non foi el quen me dixo que ela era súa irmá e ela confirmou mesmo que era seu irmán? Ca conciencia tranquila de non me manchar as mans actuei.
6
E díxolle Deus en soños: Ben sei que ca túa conciencia limpa actuaches, e eu tamén me encarguei de que non pecases contra min, por iso non deixei que a tocases.
7
Agora, pois, devolve a muller ao seu marido; porque é profeta e orara por ti, e vivirás. Mais se non a devolveres, ten por certo que ti e todos os teus morreredes.
8
Entón Abimelec ergueuse cedo e chamou a todos os seus servos e relatoulles todo o soñado par que o escoitasen e os homes temeron en gran maneira.
9
Despois convocou a Abraham e recriminoulle
1
: Que nos fixeches? En que me portei mal contigo para que trouxeras sobre min e sobre meu reino tan grande pecado? O non me debías facer iso fixeches.
10
E engadiu Abimilec a Abraham: Que foi o que viches que che levou a facer isto?
11
E Abraham contestoulle: Dixen pra min: Aquí non hai temor de Deus ningún, e daranme matado pola miña muller.
12
E mentira non é que sexa miña irmá, se ben non é filla da miña nai si que o é do meu pai e tomeina por muller.
13
E foi que cando Deus me mandou saír sen rumbo da caso do meu pai e lle pedín: Faime o favor de que a calquera sitio que vaiamos ti me presentarás como teu irmán.
14
Entón Abimilec tomou ovellas e vacas; servos e servas e entregoullos a Abraham a maiores
2
de devolverlle a Sara, súa muller.
15
E exclamou Abimelec: Velaquí a miña terra exténdese ante ti, asenta onde ben che pareza.
16
E a Sara díxolle: Escoita, dinlle ao teu irmán mil moedas de prata como compensación por todo o que pasou, e quede restaurado o teu honor fronte aos demáis.
17
Entón Abraham orou a Deus e Deus sandou a Abimilec mais a súa muller e ás súas servas, e voltaron ter fillas.
18
Porque IAHVEH pechachara por completo toda matriz da casa de Abimelec por causa de Sara, a muller de Abraham.