1
Despois apareceuselle Iavé no carballal de Mamre, mentres estaba sentado el á porta da súa tenda, cando tiña aquecido o día.
2
E alzou a vista e mirou, e he aquí tres varóns estaban en pé canda el, e cando os viu, saiu correu da porta da súa tenda a recibilos, e postrouse en terra.
3
E dixo: Señor, si agora achei graza aos teus ollos, prégoche que non pases do teu servo.
4
Deixade que traia agora un pouco de auga e lavade os vosos pés, e deitádevos baixo unha árbore.
5
Deixade que traia un bocado de pan para levantarvos o ánimo, e despois pasaredes, pois por iso pasaches preto do voso servo. E eles dixeron: Fai tal como dixeches
6
Entón Abraham buliu cara á tenda de Sara e díxolle: Apresa, trae 40 litros de fariña fina, amásaa e fae pan.
7
E correu Abraham ás vacas e tomou unha vitela tenro e bo, e deullo ao mozo, e este apurou a preparalo.
8
E colleu manteiga e leite, e a vitela que preparara, e púxoa diante deles, e el quedou con eles debaixo da árbore mentres comían.
910
E dixeronlle: Ula Sara túa esposa? E el respostou: Aí, na tenda. Dixo entón: Eu certamente voltarei a ti; por primaveira, hei aquí que Sara a túa muller terá un fillo. E Sara estaba ás espreitas á porta da tenda, que estaba detrás del.
11
E eran Abraham e Sara vellos, de idade avanzada, e a Sara xa se lle pasara o tempo de ter fillos.
12
E riu, Sara, para os seus adentros, dicindo: Terei despois de ter avellentado e sendo o meu señor xa vello tal pracer?
13
Entón Xehová preguntou a Abraham: Porque riu Sara dicindo: Será certo que darei a luz sendo xa vella?
14
Hai para Deus algunha cousa díficil? Ao tempo sinalado voltarei a ti e chegando a primaveira Sara terá un fillo.
15
Entón Sara atemorizada negonouno: Non rín. E el sentenciou: Non é así, senon que riches.
16171819
E os homes endereitáronse pra marchar e miraron cara Sodoma. Abraham acampoñounos para despedilos. Pero IAHVEH preguntouse: Farei ben en agocharlle a Abraham o que estou a piques de facer, sendo Abraham quen chegará ser unha nación grande e poderosa e o através del serán benditas todas as nacións da Terra? Posto que eu escollín para que ensine aos seus fillos e a linaxe que lle preceda a gardar o camiño de IAHVEH, para que fagan o que bo e xusto, e así IAHVEH cumprirá todo o que lle prometeu a Abraham.