1
Ora, Sarai, a esposa de Abram, non lle dera fillos, mais tiña unha serva, unha exipcia, cuxo nome era Agar.
2
E díxolle Sarai a Abram: O Señor non me permitiu ter fillos. Vai e deitate ca miña serva e quizáis ao traveso dela teñamos fillos. E Abrán fíxolle caso.
3
Xa pasaran dez anos dende que Abrán se instalara en Canaán, cando Sarai, a sua muller, tomou a Agar, a súa escrava exipcia, e deullela como muller a Abram, o seu marido.
4
E el deitouse con Agar, e ela concibiu. Cando Agar decatouse que agardaba un fillo menospreciou a súa señora.
5
Entón Sarai dixo a Abram: É por mor túa este mal! Eu levei aos teus brazos e ao ver ela que concebiu, perdeme o respeto. Que o Señor xulgue entre nolos dous.
6
Pero Abram dixo a Sarai: Escoita, a serva é cousa túa, fai o que ben che pareza. Polo tanto Sarai comezou a vexar a Agar facendo que ela fuxise.
7
O anxo do Señor atopouna no deserto, xunto a unha fonte de auga, unha fonte que se atopa no camiño do Sur.
8
E díxolle: "Agar, escrava de Sarai, de onde ves e a onde vás?" Ela respondeu: Veño de fuxir da miña señora Sarai.
910
O anxodo Señor díxolle: "Volta xunto á túa ama e sométete á súa autoridade." E engadiu o anxo do Señor: "Multiplicarei a tua descendencia de tal xeito que se dará contado "
11
Continuou dicíndolle: Hei aquí que estás embarazada, e darás a luz un varón, e poráslle de nome Ismael, porque o Señor escoitou o teu afliximento.
12
E el será un home bravo, enfrentárase a todos e todos enfrentaránse a el; e vivirá enconado cos seus irmáns.
13
E agar invocou o nome do señor que con ela falaba: Ti es Deus que ve porque dixo: Non vin tamén aquí a aquel que me ve?
14
Polo tanto chamou ao pozo que está entre Cadés e Bared, Laai-Roi, (que quere dicir Pozo do Vivinte que me ve).
15
E Agar deu a luz ao fillo de Abram e Abram chamou ao fillo que tivera con Agar, Ismael.
16
Abram tiña oitenta e seis anos cando Agar deu a luz a Ismael.