1
Despois destas cousas veu a palabra do Señor a Abram por medio dunha visión, dicindo: Non temas Abram! Eu son o teu escudo e o teu galardón será grande.
2
E respostou Abram: Señor Iavé, que me darás se non teño fillos e o maiordomo da miña casa é ese damasceno Eliezer?
3
E dixo tamén Abram: Mira que non me diches descendencia e velaquí un servo nacido na miña casa será o meu herdeiro.
4
Velaquí veu a palabra do Señor a el dicindo: Non será este o teu herdeiro, senon un fillo exendrado por ti sera´o teu herdeiro.
5
E levouno fóra e díxolle: Olla agora os ceus e conta as estrelas, se as odes contar. E díxolle: Así será a túa descendencia.
6
E creu en Iavé e foille contado por xustiza.
7
E díxolle: Eu son Iavé, p que che sacou de Ur dos caldeos, para darte esta terrá en posesión.
8
E el respondeulle: Señor Iavé, como saberei que a hei de herdar?
9
E díxolle: Traeme unha xata de tres anos, unha cabra de tres anos, e un carneiro de tres anos, e unha rula, e un pombiño.
10
E trouxoulle todo isto e partiunos en dous, e puxo cada metade unha enfronte da outra, pero non partiu as aves.
11
E descendían aves de rapiña sobre os cadaveres, máis Abram escorrentábaas.
12
E poñéndose o Sol entroulle un profundo sono a Abran, e velaquí o temor dunha gran escuridade caíu sobre el.
13
Entón Iavé dixo a Abram: Ten por seguro que a túa descendencia morará en terra que non é súa, e convertíranse nos seus escravos e serán oprimidos por catrocentos anos.
14
Mas tamén eu xulgarei á nación a cal servirán, e despois disto sairán con moita riqueza.
15
E ti irás a teus pais en paz, en boa vellez serás sepultado.
16
E a cuarta xeración tornará acá, porque aínda a maldade dos amorreos non chegou ao seu límite.
17
E sucedeu que posto o Sol, e xa escurecido, víase un forno con fumareda e un facho de lume que pasou por entre as metades dos animais.
18
Naquel día fixo Iavé un pacto con Abram dicindo: A túa descendencia darei esta terra, dende o río de Exipto ata o gran río do Eufrates,
19
a terra dos ceneos, dos cenezeos, dos cadmoneos,
20
dos heteos, dos ferexeos, dos refaíns,
21
dos amorreos, dos cananeos, dos xergaseos e dos xebuseos.