Capítulo 14

1 E aconteceu nos dís de Anrafel, rei de Sinar, de Arioque, rei de Elasar, de Quedorlaomer, rei de Elam, e de Tidal, rei de Goim, 2 que estes fixeran guerra contra Bera, rei de Sodoma, Birsa, rei de Gomorra, Sinabe, rei de Adma, Semeber, rei de Zeboim, e o rei de Bela (tamén chamado Zoar). 3 Todos estes se xuntaron no val de Sidim (tamén chamado mar de Sal). 4 Serviran por doce anos a Quedorlaomer, pero ao décimo terceiro, rebeláronse. 5 E no décimo cuarto ano, Quedorlaomer e os reis aliados e derrotaron aos refaíns en Astarot Karnaim, e aos zuzitas en Ham, e aos emitas en Save-quiriataim, 6 e aos horeos no outeiro de Seir, ata a chaira de Parán, que está ao carón do deserto. 7 8 9 Despois voltaron e viñeran a En-mispat (tamén chamado Cades) e asolaron toda a terra dos amalecitas e tamén aos amorreos que habitaban en Hazezon-tamar. E o rei de Sodoma, o rei de Gomorra, o rei de Adma, o rei Zeboim, e o rei de Bela, (tamén chamado Zoar) e ordearon batalla contra eles no val de Sidim, contra Quedorlaomer, rei de Elam, Tidal, Rei de Goim, Amrafel, rei de Sinar, Arioque, Rei de Elasar, catro reis contra cinco. 10 E o vale de Sidim estaba cheo de pozos de chapapote, e ao fuxir aos reis de Sodoma e Gomorra caíron neles, e o resto fuxiron cara ao monte. 11 E tomaron todas as riquezas de Sodoma e Gomorra e todos os seus aprovisionamento e liscaron. 12 Tamén tomaron a Lot, fillo do irmán de Abram, o cal vivía en en Sodoma, e todos os seus bens. 13 E veu un dos que fuxira e contoullo a Abram o hebreo, que habitaba polo aciñeiral de Manre o amorreo, irmán de Escol e irmán de Aner, os cales eran aliados de Abram. 14 Ao ouvir Abram que o seu parente estaba preso armou aos seus servos, os nacidos na súa casa, trescentos e dezaoito, e seguiunos ata Dan. 15 Dividiu os seus homes pola noite e venceunos, e perseguiunos ata Hoba, que está ao norte de Damasco. 16 E recobrou todos os bens e tamén ao seu parente Lot e os seus bens, e tamén as mulleres e demáis xente. 17 E cando voltaba de derrotar a Quedorlaomer e os seus reis aliados, saíulles ao encontro o rei de Sodoma no val de Save, que é o val do Rei. 18 E Melquisedec, rei de Salem e sacerdote do Deus Altísimo, trouxo pan e viño. 19 E beizouno dicindo: Bendito sexa Abram do Deus Altísimo, creador dos ceus e da terra; 20 Bendito sexa o Deus Altísimo que entregou aos teus enemigos nas túas máns. E Abram deulle o dezmo de todo. 21 E o rei de Sodoma dixolle a Abram: Dame as persoas a min, e toma para ti os bens. 22 E respostou Abram ao rei de Sodoma: Alcei a miña man a Xehová Deus Altísimo, creador dos ceus e da terra, 23 que dende un fío ata a correa dun calzado, nada tomarei de todo o que é teu, para que non digas: Eu enriquecín a Abram; 24 agás soamente o que comeron aos xovenes, e a parte dos varóns que foron comigo, Aner, Escol e Manre, estes que tomen a súa parte