1
Subiu, pois, Abram de Exipto ao Neguev, el e a súa muller con todo o que posuía; e con el, Lot.
2
E Abram era moi rico en gando, en prata e en ouro.
3
E andou nas súas xornadas dende o Neguev deica Betel, ao lugar onde a súa tenda estivera ao principio, entre Betel e Hai.
4
Ao lugar do altar que antes fixera alí; e alí Abram invocou o nome de Iahveh.
5
E tamén Lot, que andaba con Abram, tiña ovellas, vacas e tendas.
6
E a terra non podía sostelos para que habitasen xuntos, porque as súas posesións eran tantas que xa non podían habitar xuntos.
7
Houbo, pois, contenda entre os pastores do gando de Abram e os pastores do gando de Lot. E o cananeo e o fereceo habitaban daquela naquela terra.
8
E Abram díxolle a Lot: "Rógoche que non haxa contenda entre nós, nin entre os meus pastores e os teus pastores, porque somos irmáns.
9
Non está toda a terra diante de ti? Rógoche que te separes de min: se vas á esquerda, eu ires á dereita; e se á dereita, eu irei á esquerda".
10
E alzou Lot os ollos e viu todo o val do Xordán, o cal estaba ben regado por todas partes (isto foi endenantes que Iahveh destruíra Sodoma e Gomorra) como o horto de Iahveh, como a terra de Exipto rumbo a Zoar.
11
E escolleu Lot para si todo o val do Xordán; e viaxou Lot cara ao oriente. Así se separaron o un do outro.
12
Abram estableceuse na terra de Canaán, en tanto que Lot se estableceu nas cidades do val, e foi poñendo as súas tendas deica Sodoma.
13
E os homes de Sodoma eran malos e pecadentos contra Iahveh en gran maneira.
14
E Iahveh díxolle a Abram despois que Lot se separara del: "Alza agora os ollos e mira dende o lugar onde estás cara ao norte, ao sur, ao oriente e ao occidente,
15
pois toda a terra que ves dareicha a ti e a túa descendencia para sempre.
16
E farei a túa descendencia coma o po da terra; de xeito que se alguén pode contar o po da terra, tamén a túa descendencia poderá contarse.
17
Érguete, percorre a terra ao longo e ao largo dela, porque a ti cha darei".
18
Entón Abram mudou a súa tenda, e veu e habitou no aciñeiral de Mamre, que está en Hebrón, e edificou alí un altar a Iahveh.