Capítulo 12

1 E Iahveh díxolle a Abram: vaite da túa terra de entre os teus parentes e da casa de teu pai, á terra que Eu che mostrarei. 2 Farei de ti unha nación grande e beicereite, e engrandecerei o teu nome, e serás beizón. 3 Beicerei aos que te beicen, e ao que te maldiga, maldirei. E en ti serán beicidas todas as familias da terra. 4 Entón Abram foise tal coma Iahveh lle dixera; e Lot foi canda el. E Abram tiña setenta e cinco anos cando partiu de Harán. 5 E tomou Abram a Sarai súa muller, e a Lot o seu sobriño, e todas as posesións que eles acumularan, e saíron para iren á terra de Canaán; e á terra de Canaán chegaron. 6 E atravesou abram o país deica o lugar de Siquem, ata a aciñeira de More. E o cananeo estaba entón na terra. 7 E Iahveh apareceuse a Abram, e díxolle: "Á túa descendencia darei esta terra". Entón el edificou alí un altar a Iahveh que se lle aparecera. 8 De alí trasladouse cara ao monte ao oriente de Betel, e plantou a súa tenda, tendo a Betel ao occidente e a Hai ao oriente; e edificou alí un altar a Iahveh, e invocou o nome de Iahveh. 9 E Abram seguiu o seu camiño, continuando cara ao Neguev. 10 E houbo fame na terra; e Abram descendeu a Exipto para pasar alí un tempo, porque a fame era severa na terra. 11 E sucedeu que cando se achegaba a Exipto, díxolle a Sarai súa muller: "Olla, sei que es unha muller de fermoso parecer; 12 e sucederá que cando te vexan os exipcios, dirán: "Esta é súa muller"; e mataranme, pero a ti deixarante vivir. 13 Di, por favor, que es miña irám, para que me vaia ben por causa túa, e para que eu viva grazas a ti". 14 E aconteceu que cando Abram entrou en Exipto, os exipcios viron que a muller era moi fermosa. 15 E vírona os oficiais de Faraón, e alabárona diante del; e a muller foi levada á casa de Faraón. 16 E este tratou ben a Abram por causa dela; e deulle ovellas, vacas, burros, servos, servas, burras e camelos. 17 Pero Iahveh feriu a Faraón a á súa casa con grandes pragas, por causa de Sarai, muller de Abram. 18 Entón Faraón chamou a Abram, e díxolle: "Que é isto que me fixeches? Por que non me avisaches que era túa muller? 19 Porque dixeches: "É miña irmá", de xeito que a tomei por muller? Agora pois, aquí está túa muller, tómaa e vaite. 20 E Faraón deu ordes aos seus homes sobor Abram; e eles despedírono con súa muller e con todo o que lle pertencía.