1
Estas son as xeracións de Sem, Cam e Xafet, fillos de Noé, a quen lles naceron fillos despois do diluvio:
2
Os fillos de Xafet: Gomer, Magog, Madaj, Xaván, Tubal, Mesec e Tiras.
3
Os fillos de Gomer: Askenaz, Rifat e Togarmá.
4
Os fillos de Xaván: Elisa, Tarsis, Quintim e Dodanim.
5
Destes, as costas das nacións dividíronse nas súas terras, cada un conforme a súa lingua, segundo as súas familias, nas súas nacións.
6
Os fillos de Cam: Cuxe, Mizraim, Fut e Canaán.
7
Os fillos de Cuxe: Seba, Havila, Sabta, Raama e Sabteca, e os fillos de Raama: Seba e Dedán.
8
E Cuxe xerou a Nimrod, que chegou a ser poderoso na terra.
9
El foi un poderoso cazador diante de Iahveh; por tanto dise: Coma Nimrod, poderoso cazador diante de Iahveh.
10
E o comezo do seu reino foi Babilonia, Erec, Acab e Cale, na terra de Sinar.
11
Daquela terra saíu cara Asiria e construíu Nínive, Rehobot Ir, Cala
12
e Resén, entre Nínive e Cala; aquela é a gran cidade. E
13
Mizraim xerou a Ludim, a Anamim, a Lehabim, a Nafthuhim,
14
a Patrusim, a Casluhim (de onde saíron os filisteos) e a Caftorim.
15
Canaán xerou a Sidón o seu primoxénito, e a Het,
16
e o xebuseo, o amorreo, o guergueseo,
17
o heveo, o araceo, o sineo,
18
o arvadeo, o zemareo e o hamateo. E despois espalláronse as familias dos cananeos.
19
O territorio dos cananeos estendíanse dende Sidón, rumbo a Xerar, deica Gaza; e rumbo a Sodoma, Gomorra, Adma, e Zeboim, deica Lasa.
20
Estes son os fillos de Cam, segundo as súas familias, segundo as súas linguas, polas súas terras, polas súas nacións.
21
Tamén lle naceron fillos a Sem, pai de todos os fillos de Heber, e irmán maior de Xafet.
22
Os fillos de Sem: Elam, Asur, Arfaxad, Lud e Aram.
23
Os fillos de Aram: Uz, Hul, Xeter e Mas.
24
Arfaxad xerou a sala, e sala xerou a Heber.
25
E a Heber nacéronlle dous fillos: o nome de un foi Peleg, porque nos seus días foi repartida a terra, e o nome do seu irmán, Xoctán.
26
Xoctán xerou a Almodad, a Selef, a Hazar-mavet, a Xera,
27
a Adoram, a Uzal, a Dicla,
28
a Obal, a Abimael, a Seba,
29
a Ofir, a Havila e a Xobab; todos estes foron fillos de Xoctán.
30
E o seu territorio estendíase dende Mesa rumbo a Sefar, a rexión montañosa do oriente.
31
Estes son os fillos de Sem, segundo as súas familias, segundo as súas linguas, polas súas terras, conforme ás súas nacións.
32
Estas son as familias dos fillos de Noé segundo as súas xenealoxías, polas súas nacións; e deles porpagáronse as nacións sobre a terra despois do diluvio.