Capítulo 3

1 Entón levantouse o sumo sacerdote Eliasib cos seus compañeiros os sacerdotes, e edificaron a porta das Ovellas. Eles arranxarona e colocarona no seu lugar, e edificaron tamén o muro dende a torre de Hamea ata a torre de Xananel. 2 O seguinte tramo edificáronno os varons de Xericó, e o seguinte Zacur fillo de Imri. 3 Os fillos de Senaa edificaron a porta do Pescado. Colocaron trabes e puxeron a porta no seu lugar, coas suas barras e fechaduras. 4 O seguinte tramo restaurouno Meremot, fillo de Urías, neto de Cos, e o seguinte Mesulán, fillo de Berequías, neto de Mesazabel, e o seguinte Sadoc, fillo de Baná. 5 Os de Tecoa restauraron o seguinte tramo do muro, ainda que os seus nobres non quixeron axudarlles na obra do seu Señor. 6 A porta Vella foi restaurada por Xoiada fillo de Paseah e Mesulam fillo de Besodías; eles colocaron trabes e puxeron as portas no seu lugar coas suas barras e fechaduras. 7 O seguinte tramo restaurouno Melatías gabaonita e Xadón meronotita. A estes uníronse homes de Gabaón e de Mizpa, que estaban baixo o dominio do gobernador da provincia do outro lado de río Éufrates. 8 Xunto a eles Uziel, fillo de Harhaía, un dos ourives, restaouro o seguinte tramo, e Xananías, un dos perfumistas o seguinte. Eles dous restauraron o muro ata o Muro Ancho. 9 O seguinte tramo restaurouno Refarías, fillo de Hur, que era gobernador da mitade do distrito de Xerusalem. 10 O seguinte tramo, Xedaías, fillo de Haramuf, restaurou o muro que tiña frente a sua casa e o seguinte Hatús fillo de Hasabnías. 11 Malquías fillo de Harim e Hasub illo de Pahat Moab restauraron outro tramo do muro e a Torre dos Fornos. 12 Salún, fillo de Halohes, o gobernador da outra mitad do distrito de Xerusalem, restaurou o seguinte tramo coa axuda das suas fillas. 13 Xanún e os habitantes de Zanoa restauraron a Porta do Val. Eles colocaron as portas coas suas barras e fechaduras. Restauraron mil codos de muro ata a Porta do Muladar. 14 Malquías, fillo de Recab, gobernador do distrito de Bet Haquerem, restaurou a Porta do Muladar. Él colocou a porta coas suas barras e fechaduras. 15 Salum, fillo de Col Hoze, gobernador do distrito de Mizpa, restaurou a Porta da Fonte. Él colocou as portas e puxo unha cuberta sobre elas coas suas barras e fechaduras. Él tamén restauoru o muro do Estanque de Siloé cerca do xardín do rei, ata as escaleiras que levan á Cidade de David. 16 Nehemias fillo de Azbuc, o gobernante da mitade do distrito de Bet Sur, restaurou o seguinte tramo ata o lugar que está frente a tuma do rei David, e ata o estanque artificial e ata a casa da garda real. 17 O seguinte tramo restaurárono os levitas e Rehum, fillo de Bani, o seguinte Hasabías o gobernador da mitade do distrito de Keila, por conta do seu distrito. 18 Os seus compañeiros continuaron coa restauración: Bavai, fillo de Henadad, gobernador da outra metade do distrito de Queilah, 19 e Ezer, fillo de Xesúa, gobernador de Mispa, que restaurou o tramo que sube por diante da armaría da esquina do muro. 20 O tramo seguinte, foi restaurado con entusiasmo por Baruc fillo de Zabai, o tramo que vai dende a esquina ata a porta da casa do sumo sacerdote Eliasib. 21 O seguinte tramo restaurouno Meremot, fillo de Urías e neto de Cos, dende a porta da casa de Eliasib ata o final dela. 22 O seguinte tramo foi restaurado polos sacerdotes que vivían nos arredores. 23 Benxamín e Hasub restauraron o sector diante das súas propias casas. Azarías, fillo de Maasías e neto de Ananías, restaurou o tramo xunto á súa propia casa. 24 Binui, fillo de Henadad, restaurou a zona dende a casa de Azarías ata a esquina do muro. 25 Palal fillo de Uzai restaurou o tramo da esquina fronte á alta torre que se alza do pazo real, xunto ao patio do garda. O seguinte tramo foi restaurado por Pedaías fillo de Paros. 26 Os servos do templo que vivían en Ofel restauraron ata o tramo fronte á Porta da Auga e a torre que alí está. 27 Os tecoítas restauraron o tramo que vai dende a parte frontal da gran torre que alí se alza ata a muralla de Ofel. 28 Os sacerdotes restauraron o tramo do muro da Porta dos Cabalos, cada un diante da súa casa. 29 O seguinte tramo foi restaurado por Sadoc, fillo de Imer, que estaba diante da súa propia casa. E o seguinte foi restaurado por Xemaías, fillo de Xecanías, garda da porta oriental. 30 Hananías, fillo de Xelemías, e Hanún, sexto fillo de Salaf, restauraron outro tramo. Mesullán, fillo de Berequías, restaurou o tramo seguinte, que estaba diante da súa casa. 31 Malquías, que era un dos prateiros, reconstruíu o tramo que leva ás casas dos criados do templo e dos comerciantes, fronte á Porta de Inspección e ao posto de garda. 32 E o tramo que vai dende alí ata a Porta das Ovellas foi restaurada polos prateiros e os comerciantes.