Capítulo 4

1 Cando Sanbalat decatouse de que estabamos a restaurar o muro, enfureceuse en gran maneira e mofábase dos xudeus. 2 Diante dos seus compañeiros e do exército de Samaria dixo: "Que fan estes miserables xudeus? Cres que se lles permitirá restaurar a cidade e ofrecer sacrificios de novo? Quizais pensan rematalo traballo nun só día? Como cren que desas pedras queimadas, deses cascallos, van facer algo novo?"

3 E Tobías o amonita, que estaba xunto a el, engadiu: "Se tan só un raposo subira nesa morea de pedras, esballaría o muro!" 4 "Escoita, Deus noso, como se burlan de nós! Fai que as súas ofensas recaian sobre si mesmos e entregaos aos seus inimigos; que os leven en catividade! 5 Non deixes pasar por alto a súa maldade. Non esquezas os seus pecados, porque insultan aos que reconstruen". 6 Seguimos coa reconstrución e restauramos o muro á metade da súa altura, porque a xente tiña desexos de traballar. 7 Pero cando Sanbalat e Tobías, os árabes, os amonitas e os asdodeos souberon que a reconstrución do muro avanzaba e que xa estabamos pechando as fendas, enfurecéronse moito. 8 E xuntáronse eles e acordaron atacar Xerusalén e facernos dano. 9 Entón rogamos ao noso Deus e decidimos facer garda día e noite para defendernos contra eles. 10 E a xente de Xudá dixo: "Os porteadores esvaecen, pois hai moitos cascallos; non seremos capaces reconstruír este muro!" 11 E os nosos inimigos dicían: "Alcanzarémolos e matarémolos; desta forma faremos que se deteña a obra". 12 Algúns dos xudeus que vivían preto deles viñan constantemente e advertíronnos ata dez veces: "Vanvos a atacar por todas partes". 13 Entón coloquei ao pobo por familias, coas súas espadas, arcos e lanzas, detrás dos muros, nos lugares máis vulnerables e sen vixilancia. 14 Despois de examinar a situación, levanteime e díxenlles aos nobres, aos gobernantes e ao resto do pobo: "Non lles teñades medo! Lémbrade ao Señor, que é grande e temible. Loitade polos vosos irmáns, polos vosos fillos e fillas, polas vosas mulleres e polas vosas casas". 15 Unha vez que os nosos inimigos se decataron de que coñeciamos as súas intencións e que Deus frustrara os seus plans, volvemos todos ao muro, cada un ao seu traballo. 16 A partir dese día, a metade da miña xente traballaba na obra, mentres que a outra metade quedaou armada con lanzas, escudos, arcos e corazas, mentres os xefes miraban por todo o pobo de Xudá. 17 Os que restauraban o muro e levaban cargas, cunha man traballaban na obra e ca outra tiñan a espada. 18 Porque cada un dos que construían tiñan a súa espada cinguida á cintura, e así traballaban; e o que tocaba a trompeta estaba preto de min. 19 Eu dixera aos nobres e gobernantes, e ao resto da xente: "A tarefa é grande e extensa, e estamos moi espallados na muralla, afastados uns dos outros. 20 Polo tanto, no lugar onde escoitedes o son da trompeta, reunídevos con nos. O noso Deus loitará por nós!" 21 Así, dende o amencer ata que aparecían as estrelas, mentres traballabamos na obra, a metade da xente facía garda coa lanza na man. 22 Naquela ocasión díxenlle tamén ao pobo: "Todos vós, incluídos os servos, permanecede en Xerusalén para que poidades facer de vixía de noite e traballar no traballo de día". 23 Nin eu, nin os meus parentes e servos, nin os da miña garda persoal, ningún de nos mudamos as nosas roupas, levábamos a nosas armas ainda no tempo do baño.