Capítulo 2

1 Aconteceu, no mes de nisán do ano vinte do reinado de Artaxerxes, estando o viño diante del, tomeino e servinlle ao rei. Como nunca antes eu estivera apesarado diante del 2 preguntoume o rei: ¿Por qué estás apesarado? pois non pareces enfermo. Isto é en verdade pesar do corazón. Entón tiven moito medo. 3 E respondinlle ao rei: Viva o rei para sempre! Cómo non estarei apesarado cando ha cidade das tumbas dos meus devanceiros quedou en ruinas e as suas portas queimadas polo lume. 4 Díxome o rei: Qué cousa pides? Entón orei ao Deus do ceo. 5 E respondinlle ao rei: se ao rei lle parece ben e o teu servo obtivo misericordia diante de ti, envíame a Xudá, á cidade das tumbas dos meus devanceiros e reedificareina. 6 Entón o rei díxome: Cánto durará a viaxe, e cándo volverás? e a raiña estaba sentada ao seu lado. E lle pareceu ben ao rei enviarme despois que eu lle propuxen un prazo. 7 Ademáis díxenlle ao rei: se ao rei lle parece ben, que me dean cartas aos gobernadores do outro lado do río Éufrates para que me permitan o paso hasta que chegue a Xudá, 8 e carta para Asaf o gardabosques do rei, para que me dea madeira para reparalas vigas das portas da fortaleza do templo, para o muro da cidade e para a casa onde eu viva. E o rei accedeu a miña petición porque o favor do meu bo Deus estaba sobre mín. 9 Cando me presentei ante os gobernadores do outro lado do río Eufrates deilles as cartas do rei, ademáis o rei enviara conmigo capitans do exército e homes a cabalo. 10 Pero ao escoitar que alguén chegara para procurar o ben dos fillos de Israel, Sanbalat o horonita e Tobías o servo amonita estaban moi molestos. 11 A os tres días de chegar a Xerusalém, 12 levanteime de noite, eu e uns poucos homes comigo, pero non lles contéi o que Deus puxera no meu corazón para facer en Xerusalém. O único cabalo que tíñamos era o que eu montaba. 13 Esa noite salín pola porta do Val cara á fonte do Dragón e a porta do Muladar. Examinei os muros derribados de Xerusalém e as suas portas queimadas polo lume. 14 Logo dirixínme cara a porta da Fonte e o estanque do Rei, pero non había maneira de pasar con cabalo. 15 Sendo ainda de noite subín polo regato mentres examinaba o muro e regresei dando a volta pola porta do Val. 16 Os oficiais non sabían ónde fun nin o que fixen, porque ata ese entón non dixera nada a ningún xudeu: nin aos sacerdotes, nin aos nobres, nin aos oficiais, nin aos que traballaban na obra. 17 Por iso lles dixen: vos sodes testemuñas da nosa desgraza. Xerusalém está arruinada, e a as súas portas queimadas polo lume, ¡Vinde a construir o muro de Xerusalém, e non sexamos a mofa de ninguén! 18 Entón contéilles como a misericorde man de Deus estivera sobre mín e as palabras que o rei me dixera. Eles contestaron: Levantémonos e construamos. Así esforzáronse eles para ben. 19 Pero cando se decataron Sanbalat horonita, Tobías o servo amonita, e Xesem o árabe, mofáronse de nos, e desprezáronnos dicindo: ¿Qué é isto que facedes vos?, ¿pretendedes rebelarvos contra o rei? 20 E respondinlles: O Deus dos ceos ao que servimos vainos facer prosperar. Comezaremos coa reconstrución, vos non tedes autoridade nin dereito, nin sodes parta da historia de Xerusalém.