Capítulo 16

1 Díxenvos estas cousas para que non teñades tropezo. 2 Expulsaranvos da sinagoga; pero vén a hora cando calquera que vos mate pensará que así cumpre un servizo a Deus. 3 E farán estas cousas porque non coñeceron nin o Pai nin a min. 4 Pero díxenvos estas cousas para que cando chegue a hora vos lembredes de que xa vos falara delas. E non vos dixen estas cousas ao principio, porque Eu estaba convosco. 5 Pero agora vou ao que me mandou, e ningún de vós me pregunta: para onde vas? 6 Mais porque vos dixen estas cousas, a tristura encheu o voso corazón. 7 Pero Eu dígovos a verdade: convenvos que Eu marche; porque se non me vou, o Axudador non virá a vós; pero se Eu marcho, mandaréivolo. 8 E cando El veña, convencerá ao mundo de pecado, de xustiza e de xuízo; 9 de pecado, porque non cren en min; 10 de xustiza, porque Eu vou ao Pai e non me veredes máis; 11 e de xuízo, porque o príncipe deste mundo foi xulgado. 12 Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero agora non as podedes soportar. 13 Pero cando El, o Espírito de verdade, veña, guiaravos a toda a verdade, porque non falará pola súa propia conta, senón que falará todo o que escoite, e faravos saber o que virá. 14 El glorificarame, porque tomará do meu e volo fará saber. 15 Todo o que ten o Pai é meu; por iso dixen que El toma do meu e volo fará saber. 16 Un pouco máis, e xa non me veredes; e de novo un pouco, e verédesme. 17 Entón algúns dos seus discípulos dicíanse uns aos outros: que é isto que nos di: un pouco máis, e xa non me veredes; e de novo un pouco, e verédesme porque Eu vou ao Pai? 18 Por iso dicían: que é isto que di: un pouco? Non sabemos de que fala. 19 Xeús sabía que querían preguntarlle, e díxolles: -Estades discutindo entre vós sobre isto, porque dixen: un pouco máis, e non me veredes, e de novo un pouco, e verédesme? 20 En verdade vos digo que choraredes e lamentarédesvos, pero o mundo se alegrará; estaredes tristes, pero a vosa tristeza hase converter en ledicia. 21 Cando unha muller está no parto, ten abatemento, porque chegou a súa hora; pero cando nace o meniño, xa non se lembra da anguria, pola ledicia de que unha persoa teña nacido no mundo. 22 Por tanto vós agora tamén tendes aflición; pero Eu vereivos outra vez, e o voso corazón alegrarase, e ninguén vos tirará o gozo. 23 Naquel día non me preguntaredes nada: con toda verdade volo aseguro, se pedides algo ao Pai, darávolo no meu nome. 24 Até agora nada pedistes no meu nome; pedide e recibiredes, para que o vosa ledicia sexa completa. 25 Faleivos estas cousas en linguaxe figurado; está a chegar a hora cando nos vos falarei en linguaxe figurado senón que vos falarei do Pai claramente. 26 Nese día pediredes no meu nome, e non vos digo que Eu rogarei ao Pai por vós, 27 pois o Pai mesmo ámavos, porque vós amástesme e crestes que Eu saín de Deus. 28 Saín do Pai e vin ao mundo; outra vez deixo o mundo e vou ao Pai. 29 Os seus discípulos dixéronlle: -Velaí que agora falas claramente e non empregas linguaxe figurado. 30 Agora entendemos que Ti sabes todas as cousas, e non precisas que ninguén che pregunte; por iso cremos que Ti viñeches de Deus. 31 Xesús respondeulles: -Agora credes? 32 Mirade, a hora vén, e xa chegou, en que seredes dispersos, cada un polo seu lado, e deixarédesme só; e aínda así non estou só, porque o Pai está comigo. 33 Estas cousas faleivos para que teñades paz en min. No mundo teredes moita dor; pero confiade, Eu vencín o mundo.