Capítulo 21

1 Díxolle IaVeH a Moisés: fálalle aos sacerdotes fillos de Aarón, e dilles que non se contaminen por un morto nos seus pobos. 2 Excepto por un parente próximo, pola súa nai ou polo seu pai, polo seu fillo ou polo seu irmán, 3 ou pola súa irmá virxe, próxima a el, que non teña marido, por ela contaminarase. 4 Non se contaminará o dirixente no seu medio do seu pobo, facéndose inmundo. 5 Non afeitarán tonsura na súa cabeza, nin raparán o borde da súa barba, e non se farán cortes no seu corpo. 6 Santos serán ao seu Deus, e non profanarán o nome do seu Deus, pois eles ofrecen as ofrendas acendidas para IaVeH e o pan do seu Deus. Polo tanto, serán santos. 7 Non se casarán con muller que sexa prostituta ou que fose deshonrada, nin con muller repudiada polo seu marido, porque él é santo ao seu Deus. 8 Ti o santificarás, polo tanto, pois él ofrece o pan do teu Deus. Santo será para ti, pois santo son eu IaVeh o que vos santifica. 9 E se a filla dun home sacerdote contamínase fornicando, ao seu pai deshonra, e será queimada no lume. 10 O que sexa sumo sacerdote entre os seus irmáns, sobre a cabeza do cal foi derramado o aceite da unción, e que consagrou a súa man para levar as vestiduras, ese non descubrirá a súa cabeza, nin rachará os seus vestidos. 11 E non irá onde haxa corpo algún de persoa morta, non se contaminará nin polo seu pai nin pola súa nai. 12 Non sairá do santuario, nin profanará o santuario do seu Deus, pois o aceite consagrado da unción do seu Deus está sobre el. Eu IaVeH. 13 Tomará por esposa a unha muller virxe. 14 Non tomará viuva, nin divorciada, nin deshonrada, nin prostituta, senón que só tomará por muller a unha virxe do seu pobo, 15 para que non profane a súa descendencia entre o seu pobo, pois eu IaVeH son o que o santifica. 16 E falou IaVeH a Moisés, dincindo: 17 fálalle a Aarón e dille: ningún home dos teus descendentes, nas sucesivas xeracións, que teña algún defecto, achgarase para ofrecer o pan do seu Deus. 18 Porque ningún home que teña defecto hase achegar, sexa cego, coxo, mutilado, ou deforme, 19 ou home que teña crebadura de pé ou de man, 20 ou corcovado, ou anano, ou con ollos defectuosos, ou que teña sarna, ou tiñoso, ou testículo mancado. 21 Ningún home da descendencia do sacerdote Aarón, que teña defecto, achegarase para ofrecer ofrendas acendidas para IaVeH. Hai defecto nel; non se achegará para ofrecer o pan do seu Deus. 22 Poderá comer o pan do seu Deus procedente das cousas santísimas e das santas. 23 Mais non irá onda o velo, nin se achegará ao altar, por canto hai defecto nel. Non profanará os meus santuarios porque Eu son IaVeH o que os santifica. 24 Así faloulle Moisés a Aarón, e aos seus fillos, e a tódolos fillos de Israel.