Capítulo 22

1 Faloulle IaVeH a Moisés, dicindo: 2 dille a Aarón e aos seus fillo que se absteñan das cousas santas que os fillos de Israel adícanme, para que non profanen o meu santo nome. Eu, IaVeH. 3 Dilles: todo home de toda a vosa descendencia que, estando impuro, se achegue as cousas sagradas que os fillos de Israel consagran a IaVeH, tal persoa será cortado da miña presenza. Eu IaVeH. 4 Calquera home da descendencia de Aarón que sexa leproso, ou que padeza fluxo, non comerá das cousas sagradas até que esté limpo. Así coma aquel que toque calquera cousa impura, ou aquel que padeza espermatorrea, 5 ou o home que toque calquer reptil, ou unha persoa pola cal chegue a ser impuro debido a calquera impureza desta. 6 A persoa que o toque será impura ata a tarde, e non comerá das cousas santas até que lave o seu corpo con auga. 7 Cando se poña o sol será limpo, entón poderá comer das cousas sagradas, pois este é o seu alimento. 8 Non comerá cadáver, nin despedazado por fera, pois contaminarase. Eu IaVeH. 9 Gardarán o meu mandamento, non sexa que pequen sobre del e morran por telo profanado. Eu IaVeH o que vos santifico. 10 Ningún estraño comerá ofrenda sagrada. Nin o hóspede do sacerdote nin o xornaleiro comerán ofrenda sagrada. 11 Pero s o sacerdote merca unha persoa cos seus cartos, este comerá dela, e o nado na súa casa comerá da súa comida. 12 Se a filla dun sacerdote é para un home estraño, non comerá ela das cousas sagradas. 13 Pero se a filla do sacerdote chega a ser viuva ou divorciada, e non ten descendencia, e volve á casa do seu pai como na súa xuventude, poderá comer do pan do seu pai, mais ningún estraño comerá del. 14 E o home que por erro comese cousa sagrada, daralle ao sacerdote a cousa sagrada engadíndolle un quinta parte. 15 Non profanarán, pois, as cousas santas que os fillos de Israel presentan a IaVeH, 16 pois levarían a culpa de pago por comer das cousas santas deles, porque Eu IaVeH son o que os santifica.. 17 Tamén falou IaVeH a Moisés, dicindo: 18 fálalle a Aarón e aos seus fillos, e a tódolos fillos de Israel, e dilles: calquera home da casa de Israel, ou dos estranxeiros en Israel, que presente a súa ofrenda para algún dos seus votos, ou como ofrendas voluntarias ofrecidas a IaVeH en holocausto, 19 para que o aceptedes, ha de ofrecer machi sen defecto do gando vacún, das ovellas, ou das cabras. 20 Non ofreceredes ningunha cousa na que haxa defecto, pois non será aceptada. 21 E cando alguén traia ofrenda de paz a IaVeH para cumprir un voto, ou como ofrenda voluntaria, sexa de gando ou rabaño, terá que ser perfecto para que sexa aceptado. Non será aceptado defecto ningún. 22 O cego, o lisiado, o mutilado, o verrugoso, o sarnoso ou o roñoso: estes non ofrecederes a IaVeH, e deles non poredes sobre o altar ofrenda acendida a IaVeH. 23 Boi ou carneiro deforme ou fraco poderás ofrecer como ofrenda voluntaria, mais non será aceptado como voto. 24 Non ofreceredes a IaVeH animais con testículos feridos, ou mancados, rasgados ou cortados. Non faredes isto na vosa terra. 25 Nin da man de estranxeiros tomaredes estes animais para ofrecelos como o pan do voso Deus, pois son deformes e teñen defecto. Non serán aceptados. 26 Despois faloulle IaVeH a Moisés, dicindo: 27 cando naza un vitelo, año ou cabrito, estará sete días baixo a súa nai, pero dende o octavo día endiante será apto como ofrenda de lume a IaVeH. 28 E xa sexa vaca ou ovella, non a sacrificaredes a ela a ao súa cría no mesmo día. 29 E cando sacrifiquedes ofrenda de acción de grazas a IaVeH, farédelo de tal xeito que vos sexa aceptable. 30 No mesmo día se comerá, e non deixaredes dela para o día seguinte. Eu IaVeH. 31 Gardaredes os meus mandamentos e os cumpliredes. Eu IaVeH. 32 Non profanaredes o meu santo nome, e así serei no medio dos fillos de Israel. Eu IaVeH, o que vos santifica, 33 quen vos sacou da terra de Exipto para ser o voso Deus. Eu IaVeH.