1 IAVEH falou a Moisés, dicindo: 2 Dille aos fillos de Israel: Claquera home dos fillos de Israel, ou dos estranxeiros que viven en Israel, que ofreza algún dos seus fillos a Moloc, de seguro morrerá, o pobo da terra o apedrará. 3 E eu porei o meu rostro contra ese home, e cortareino de entre o seu pobo, pois deu da súa descendencia a Moloc, contaminando o meu santuario, e profanando o meu santo nome. 4 E se o pobo da terra pecha os seus ollos respecto daquel home que da dos seus fillos a Moloc, para non matalo, 5 entón eu porei o meu rostro contra aquel home e contra súa familia, e cortareino de entre o seu pobo, con tódolos que fornicaron en pos del, prostituíndose con Moloc. 6 E a persoa que atenda a médiums e adiviños, para prostituirse tras deles, eu porei o meu rostro contra tal persoa, e cortareina de entre o seu pobo. 7 Polo tanto, santificarédesvos e seredes santos, pois eu IAVEH son o voso Deus. 8 9 E gardaredes os meus mandamentos e os cumpliredes. Eu IAVEH que vos santifico. O home que maldiga ao seu pai ou á súa nai, de certo morrerá. Ao seu pai ou á súa nai maldiciu. O seu sangue será sobre el. 10 Se un home comete adulterio coa muller doutro home, o adúltero e a adúltera morrerán. 11 E calquera home que se deite coa muller do seu pai, a nudez do seu pai descubriu, polo que ambos morrerán, e o seu sangue será sobre deles. 12 Se algún home se deita coa súa nora, ámbolos dous morrerán, pola súa maldade o seu sangue será sobre deles. 13 Se un home se deitara con varón como con muller, abominación terían feito. Ámbolos dous morrerán e o seu sangue será sobre deles. 14 O home que tomara a unha muller e á nai dela, comete vileza. Queimarán no lume a el e a elas, e non haxa vileza entre vós. 15 Calquera home que copule cun animal morrerá, e mataredes o animal. 16 E se unha muller se achega a un animal para deitarse con el, entón matarás á muller e ao animal. Morrerán e o seu sangue será sobre deles. 17 Se algún home toma á súa irmá, filla do seu pai ou da súa nai, e ve a súa nudez, e ela ve a del, cousa detestable é esta. Ámbolos dous serán cortados de diante dos ollos dos fillos do seu pobo. Por canto descubriu a nudez da súa irmá, o seu pecado levará. 18 Calquera home que durma cunha muller en periodo de menstruación, e descobra a súa nudez, o seu fluxo descubriu, e ela destapou o seu fluxo de sangue. Ámbolos dous serán cortadas de entre o seu pobo. 19 A nudez da irmá da túa nai, ou da irmá do teu pai, non a descubrirás, pois á túa parenta deshonrarías e levarás a túa iniquidade. 20 O home que se deite coa súa tía, a nudez do seu tío descubriu. Levarán o seu pecado e morrerán sen fillos. 21 Respecto ao home que tome á muller do seu irmán, impureza é isto. Por canto descubriu a nudez do seu irmán, sen fillos serán. 22 Gardaredes todos os meus estatutos e todas as miñas leis, e as cumpliredes, e así non vos vomitará a terra na que vos introduzo para que vivades nela. 23 Non andaredes nos estatutos das nación que eu expluso de diante de vós, pois eles fixeron todas estas cousas, e aborrecinos. 24 Mais a vós díxenvos: vós poseredes a terra deles, e daréivola por herdanza, terra da que flue leite e mel. Eu IaVeH o voso Deus, que vos apartei dos pobos. 25 Vós faredes diferenza entre animal limpo e inmundo, e entre ave limpa e inmunda, e non vos contaminaredes con animal ou con ave, ou co que se move sobre a terra. Estas cousas aparto por ser inmundas. 26 Seredes para min santos, poise eu IaVeH son santo, e separeivos dos pobos para que sexades para min. 27 E o home ou a muller que sexa entre eles médium ou adiviño, morrerá, serán apedrados e o seu sangue será sobre deles.