1 Falou IAHVEH a Moisés, dicindo: 2 Fálalle a toda a congregación dos fillos de Israel e dilles: santos seredes, porque santo son Eu IAVEH o voso Deus. 3 Cada un respetará ao seu pai e a súa nai, e os meus días de repouso gardaredes. Eu IAHVEH o voso Deus. 4 Non vos volveredes cara os ídolos, nin faredes para vós deuses de fundición. Eu IAHVEH o voso Deus. 5 Cando ofrezades a IAHVEH sacrificios de paz, para a vosa aceptación os ofreceredes. 6 Han ser comidos o día en que o ofrezades ou ao día seguinte. Pero o que quede para o terceiro día ha ser queimado no lume. 7 Máis n caso de que fose comido no día terceiro, entón será abominación e non será aceptado. 8 O que así faga e o coma levará a súa culpa, pois esa persona profanou o que era santo para IAHVEH. Esa persoa será cortada do seu pobo. 9 Cando apañes a colleita da túa terra, non has apañar completamente todo até as esquinas da túa leira, nin tampouco has recoller todo o produto da túa colleita. 10 Non rebuscarás na túa viña, nin recollerás entre o froito caído ta túa viña, senón que o deixarás para o pobre e para o estranxeiro. Eu IAHVEH o voso Deus. 11 Non roubaredes. Non vos enganaredes, nin vos mentiredes os uns aos outros. 12 Non xuraredes falsamento polo meu nome, de tal xeito que profanes o nome do teu Deus. Eu IAHVEH. 13 Non oprimirás ao teu próximo, nin lle roubarás. Non retendrás o salario dun xornaleiro na túa casa ata a mañá do día seguinte. 14 Non maldicirás ao xordo, e diante do cego non porás tropezo, senón que terás temor do teu Deus. Eu IAHVEH. 15 Non pervertirás a xustiza, nin levantando ao pobre nin favorecendo ao grande. Con xustiza xulgarás ao teu próximo. 16 Non andarás ao díxomedíxome entre o teu pobo. Non atentarás contra a vida do teu próximo. Eu IAHVEH.