Capítulo 49

1 Entón Xacob chamou aos seus fillos, e dixo: "Xúntádevos, e contareivos o que vos a acontecer nos días vindeiros. 2 Achegádevos e oide fillos de Xacob. Escoitade ao voso pai Israel." 3 Rubén, ti es o meu primoxénito, a miña fortaleza, e o principio do meu vigor, principal en honor, e principal en poder. 4 Impetuoso como as augas, non serás o primeiro, por canto subiches ao leito do teu pai. Degradácheste, subindo ao meu estrado. 5 Simeón e Leví son irmáns. Armas de violencia son as súas espadas. 6 No seu consello non entre a miña alma, nin o meu espírito se xunte á súa asemblea, pois na súa ira asasinaron homes, e por placer mutilaron bois. 7 Maldita a súa ira, tan violenta, e a súa furia, tan cruel. Espallareinos entre Xacob, e farei que se dispersen en Israel. 8 Xudá, os teus irmáns alabarante. A túa man estará no pescozo dos teus inimigos. Inclinaranse ante ti os fillos do teu pai. 9 Xudá é un cachorro de León. Meu fillo, das túas víctimas subiches. El botouse como león e como leoa. Quen se atreverá a espertalo? 10 Non se quitará o cetro de Xudá, nin a vara de mando de entre os seus pés, até que chegue Silo. As nacións obedecerano. 11 Amarrando o seu burro á vide, e a cría da súa asna á cepa. Lavou en viño o seu vestido, e a súa roupa en sangue de uvas. 12 Os seus ollos son vermellos como o viño, e os seus dentes brancos como o leite. 13 Zabulón vivirá á veira do mar. Será porto de navíos, e a súa fronteira até Sidón. 14 Isacar, asno forte, tumbado entre dous curráis. 15 Viu que o descanso era bo, e a terra agradable. Dobrará o seu ombreiro para cargar e será servo. 16 Dan xuzgará ao seu pobo como unha das tribos de Israel. 17 Será Dan serpe xunto ao camiño, víbora xunto ao sendeiro, que morde os talóns do cabalo e bota o xinete cara atrás. 18 Oh IHVH, a túa salvación agardo. 19 Gad, atracadores o atacarán, máis el atacaraos a eles nos seus talóns. 20 O pan de Aser é apetitoso, e daralle delicias ao rei. 21 Neftalí é unha cerva solta, que está dando femorsísimas crías. 22 Xosé é un brote fructífero, unha rama fructífera xunto á fonte, e as súas pólas soben polo muro. 23 Os arqueiros o amargaron, disparáronlle e acosárono. 24 Pero o seu arco mantívose firme, e as súas mans fortalecéronse debido ás mans do Poderoso de Xacob, por causa do Pastor, a Roca de Israel. 25 O Deus de teu pai axudarache, o Deus Todopoderoso bendecirache con bendicións do ceo darriba bendicións das profundidades de abaixo, e bendicións dos peitos e do ventre. 26 As bendicións do teu pai son maiores que as bendicións dos meus proxenitores, ata o límite dos montes eternos. Sexan elas para a cabeza de Xosé, e para a fronte do consagrado entre os seus irmáns. 27 Benxamín, lobo depredador. Pola mañá devorará a presa, e pola tarde repartirá despoxos. 28 Todas estas son as doce tribos de Israel, e isto foi o que lles predixo o seu pai, bendicíndoos a cada quen segundo a bendición que lle correspondía. 29 Despois deulles instruccións e díxolles: "Eu vou a reunirme co meu pobo, sepultádame cos meus pais na cova que está no campo de Efrón o heteo, 30 na cova que está no campo de Macpela, fronte a Mamre, na terra de Canaán, a que mercou Abraham co campo de Efrón heteo como propiedade para sepultura. 31 32 33 Alí enterraron a Abraham e á súa muller Sara. Alí sepultaron a Isaac e a súa muller Rebeca, e alí enterrei eu a Lea. O campo e a cova que hai nel foron mercados aos fillos de Het." Cando Xacob rematou de darlle instruccións aos seus fillos encolleu os seus pés na cama, e expirou, e foi reunido ao seu pobo.