1
Entón Xosé botouse sobre o rostro do seu pai, chorou sobre el, e bicouno.
2
Despois Xosé ordeou aos médicos ao seu servizo que embalsamaran so seu pai, e os médicos embalsamaron a Israel.
3
Levoulles corenta días, que era o tempo que se empregaba para embalsamar. Despois os exipcios chorárono durante setenta días.
4
Cando rematou o duelo, Xosé faoulle á casa de Faraón, dicindo. "Se teño graza aos vosos ollos, por favor, dicídelle a Faraón:
5
"Meu pai fíxome xurar dicindo: "Eu vou morrer. Enterrarasme no sepulcro que eu preparei para min mesmo na terra de Canaán. Agora, permíteme subir a sepultar a meu pai, e entón volverei."
6
Faraón respondeulle: "Sobe e enterra a teu pai, como el che fixo xurar."
7
Entón subiu Xosé sepultar ao seu pai, e con el subiron todos os servos de Faraón, os anciáns da súa casa e todos os anciáns da terra de Exipto,
8
así como toda a familia de Xosé, os seus irmáns e a casa do seu pai. Soamente deixaron na terra de Gosén aos seus pequechos, os seus rabaños e as súas vacadas.
9
Tamén subiron con el carros e xinetes. En total, un grupo moi grande de persoas.
10
Cando chegaron a Gorén-Atad, que está ao outro lado do Xordán, romperon nun lamento moi grande e amargo, e Xosé gardou duelo sete días polo seu pai.
11
Cando os habitantes daquela terra, os cananeos, viron o duelo na eira de Atad, dixeron: "Esta é un momento moi triste para os exipcios." Por esta razón, ese lugar foi chamado Abel Mizraim, o cal se atopa máis aló do Xordán.
12
Así que os seus fillos fixeron por Xacob o que el lles instruira.
13
Levárono á terra de Canaán e sepultárono na cova do campo de Macpela, campo que Abraham lle comprara aEfrón heteo, como propiedade de sepultura, fronte a Mamre.
14
Despois de sepultar ao seu pai, Xosé volveu a Exipto xunto cos seus irmáns, e todos os que subiran con el a sepultar a seu pai.
15
Cando os irmáns de Xosé viron que o seu pai morrera, dixeron: "Ao mellor Xosé aínda nos garda rencor e quere darnos de volta todo o mal que nós lle fixemos a el."
16
Entón mandaron dicirlle a Xosé: "O teu pai ordeou antes da súa morte, dicindo:
17
"Decídelle A Xosé: "Rógoche que perdoes a transgresión dos teus irmáns e o seu pecado, porque fixéronche mal." Agora, rogámosche que perdoes a transgresión dos servos do Deus de teu pai. Mentres falaban con el, Xosé choraba .
18
Entón os seus irmáns foron e inclináronse ante el, dicindo: "Somos escravos teus."
19
Pero Xosé respondeulles: "Non teñades medo. Acaso estou eu en lugar de Deus?
20
Aínda que vos pensastes mal contra min, Deus encamiñouno para ben, para facer coma neste día, e manter vivo un pobo numeroso.
21
Así que non temades, eu sustentareivos a vós e aos vosos pequenos." Despois consolounos e faloulles ao corazón.
22
Xosé viviu en Exipto, xunto coa familia do seu pai. Viviu Xosé cento dez anos.
23
E viu Xosé os fillos de Efraín até a terceira xeración. E tamén viu os fillos de Maquir, fillo de Manasés, que foron postos nos xeonllos de Xosé.
24
Despois díxolle Xosé aos seus irmáns. "E vou morrer, pero Deus visitaravos, e faravos subir desta terra á terra que xurou dar a Abraham, a Isaac e a Xacob."
25
E Xosé fíxolle xurar ao fillos de Israel, dicindo. "Deus certamente visitaravos, e vós levarédesvos os meus ósos de aquí."
26
E morreu Xosé á idade de cento dez anos, e embalsamárono, e puxérono nun ataúde en Exipto.