1
Entón viu Xosé e fíxollo saber a Faraón, dicindo: "Meu pai e os meus irmáns, e as súas ouvellas e as súas vacas, con todo o que teñen, viñeron da terra de Canaán, e velaí que están na terra de Gosén."
2
E tomou a cinco dos seus irmáns e presentoullos a Faraón.
3
E Faraón preguntoulles aos seus irmáns. "Cal é o voso oficio?" E eles respondéronlle. "Pastores de ouvellas son os teus servos, así nós coma os nosos pais."
4
Dixéronlle ademáis a Faraón. "Para morar nesta terra viñemos, porque non hai pasto para as ouvellas dos teus servos, pois a fame é grave na terra de Canaán. Así que pregámosche agora que lles permitas aos teus servos habitar na terra de Gosén."
5
Entón Faraón díxolle a Xosé: "O teu pai e os teus irmáns viñeron onda ti.
6
A terra de Exipto está diante de ti. Fai habitar a o teu pai e a os teus irmáns na mellor rexión, na terra de Gosén, e se coidas que hai entre eles homes capaces, ponos ao cargo do meu gando. "
7
Tamén Xosé trouxo a Xacob seu pai e presentoullo a Faraón, e Xacob bendixo a Faraón.
8
Faraón preguntoulle a Xacob: "Cantos son os días dos anos da túa vida?"
9
Respondeulle Xacob: "Os días dos anos da miña peregrinación son cento trinta. Poucos e dolorosos teñen sido os días dos anos da miña vida, e non chegan alcanzar aos dos meus devanceiros."
10
E Xacob bendixo a Faraón a foise da súa presenza.
11
Así Xosé fixo habitar a seu pai e a seus irmáns, e deulles posesión na terra de Exipto, no mellor da terra, na terra de Ramsés, como mandou Faraón.
12
E Xosé alimentou a seu pai e a seus irmáns, e a toda a casa do seu pai, provéndolles pan según o número de nenos.
13
Non había pan en toda a terra, e a fame era moi severa, polo que desfaleceu de fame a terra de Exipto e a terra de Canaán.
14
E recolleu Xosé todo o diñeiro que había na terra de Exipto e na terra de Canaán, polo gran que eles mercaban, e levou Xosé os cartos á casa de Faraón.
15
Cando se esgotaron os cartos da terra de Exipto e da terra de Canaán, viu todo Exipto a Xosé, dicindo: "Danos pan. Por que haberemos morrer diante túa porque se esgotasen os nosos cartos?"
16
E dixo Xosé: "Traede o voso gando e vendereivos a cambio del."
17
Así que leváronlle o seu gando a Xosé, e Xosé deulles alimentos polos cabalos, e polo gando das ouvellas, e polo gando das vacas, e polos burros, e aquel ano proveeulles pan a cambio de todos os seus gandos.
18
Rematado aquel ano, viñeron a el o ano seguinte, e dixéronlle: "Non lle encubrimos ao noso señor que se esgotaron os cartos e que o gando é xa do noso señor. Non queda nada ante o noso señor, excepto os nosos corpos e a nosa terra.
19
Por que haberemos morrer diante de ti, nós e a nosa terra? Mércanos a nós e a nosa terra a cambio de pan, e seremos nós e a nosa terra servos de Faraón, e danos semente para que vivamos e non morramos, e para que a terra non sexa asolada".
20
Entón mercou Xosé toda a terra de Exipto para Faraón, pois os exipcios venderon cada un as súas terras, debido a que a fame era moi severa. Deste xeito, a terra pasou a ser propiedade de Faraón.
21
E fixo pasar o pobo ás cidades, desde un extremo ao outro do territorio de Exipto.
22
Soamente non mercou a terra dos sacerdotes, debido a que os sacerdotes comían da ración que Faraón lles daba, polo que non venderon a súa terra.
23
E díxolle Xosé ao pobo: "Velaí hoxe merqueivos a vós a vosa terra para Faraón. Aquí tedes semente, e sementaredes a terra.
24
Daredes a quinta parte da vosa colleita a Faraón, e catro partes serán para vós, para semente do campo, para alimento voso e dos que están nas vosas casas, e para dar de comer aos vosos nenos."
25
E eles responderon: "Déchesnos a vida. Atopemos graza aos ollos do nosos señor, e seremos servos de Faraón."
26
Xosé puso isto por ley ata hoxe na terra de Exipto, sinalando o quinto para Faraón, excepto a terra dos sacerdotes, que non foi de Faraón.
27
Así habitou Israel na terra de Exipto, na terra de Gosén, e tomaron posesión dela, e multiplicáronse en gran maneira.
28
E viviu Xacob na terra de Exipto dezasete anos, e foron os días de Xacob, os anos da súa vida, cento corente e sete anos.
29
E chegaron os días de Israel para morrer, e chamou a Xosé seu fillo, e díxolle: "Se atopei agora graza aos teus ollos, prégoche que poñas a túa man debaixo da miña perna, e farás comigo misericordia e verdade. Rógoche que non me enterres en Exipto.
30
Mais cando durma cos meus pais, hasme levar de Exipto e sepultarme con eles". E Xosé respondeulle: "Farei segundo a túa palabra."
31
Israel díxolle: "Xúramo". E Xosé xuroullo. Entón Israel inclinouse sobre a cabeceira da cama.