Capítulo 46

1 Saiu Israel con todo o que tiña, e viu a Beerseba, e ofreceu sacrificios ao Deus do seu pai Isaac. 2 E faloulle Deus a Israel en visión de noite, e dixo: Xacob, Xacob. E el respondeu: aquí estou. 3 El dixo: "Eu son Deus, o Deus do teu pai. Non temas descender a Exipto, porque alí eu farei de ti unha gran nación. 4 Eu descenderei contigo a Exipto, e de seguro tamén eu eiche facer subir de novo, e a man de Xosé pechará os teus ollos." 5 E levantouse Xacob de Beerseba, e tomaron os fillos de Israel ao seu pai Xacob, e aos seus nenos, e as súas mulleres, nos carros que Faraón enviara para levalo. 6 E tomaron o seu gando e todos os ben que adquiriran na terra de Canaán, e viñeron a Exipto, Xacob e toda a súa descendencia consigo, 7 os seus fillos, e os fillos dos seus fillos, as súas fillas, e as fillas dos seus fillos, e toda a súa descendencia trouxo consigo a Exipto. 8 E estes son os nomes dos fillos de Israel, que entraron en Exipto, Xacob e os seus fillos: Rubén, o primoxénito de Xacob. 9 Os fillos de Rubén: Hanoc, Falú, Hezrón e Carmi. 10 Os fillos de Simeón: Xemuel, Xamín, Ohad, Xaquín, Zohar, e Saúl fillo da Cananea. 11 Os fillos de Leví: Gersón, Coat e Merari. 12 Os fillos de Xudá: Er, Onán, Sela, Fares e Zara, máis Er e Onán morreron na terra de Canaán, e os fillos de Fares foron Hezrón e Hamul. 13 Os fillos de Isacar: Tola, Fúa, Job e Simrón. 14 Os fillos de Zabulón: Sered, Elón e Xahleel. 15 Estes foron os fillos de Lea, os que lle pariu a Xacob en Padan-aram, ademáis da súa filla Dina, un total de trinta e tres fillos e fillas. 16 Os fillos de Gad: Zifión, Hagui, Suni, Ezbón, Eri, Arodi e Areli. 17 E os fillos de Aser: Inma, Isúa, Isúi, Bería, e Sera a súa irmá. Os fillos de Bería foron Heber e Malquiel. 18 Estes foron os fillos de Zilpa, a que Labán deu á súa filla Lea, e deullos a luz estes a Xacob, en total dezaséis persoas. 19 Os fillos de Raquel, muller de Xacob, foron Xosé e Benxamín. 20 E a Xosé, na terra de Exipto, nacéronlle Manasés e Efraín, que lle deu a luz Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On. 21 E os fillos de Benxamñin foronBela, Bequer, Asbel, Gera, Naamán, Ehi, Ros, Mupim, Hupin e Ard. 22 Estes foron os fillos de Raquel que naceron a Xacob, catorce persoas en total. 23 E o fillo de Dan foi Husim. 24 Os fillos de Neftalí foron Jahzeel, Guni,Jezer e Silem. 25 Estes foron os fillos de Bilha, a que deu Labán a Raquel a súa filla, e ela deulle a luz a estes a Xacob: sete persoas en total. 26 Todas as persoas que viñeron con Xacob a Exipto, descendentes seus, sen contar as mulleres dos fillos de Xacob, foron sesenta e seis en total. 27 E os fillos de Xosé, que lle naceron en Exipto, dúas persoas. Todas as persoas da casa de Xacob que entraron en Exipto foron setenta. 28 E Xacob enviou a Xudá diante súa a Xosé, para que o viñese ver en Gosén, e chegaron á terra de Gosén. 29 Xosé preparou o seu carro e subiu a atoparse con Israel o seu pai en Gosén, e cando o viu, abrazouno e chorou largamente sobre o seu pescozo. 30 Entón Israel díxolle a Xosé: "Morra eu agora, xa que vin o teu rostro, e sei que aínda vives." 31 E Xosé díxolle aos seus irmáns e á casa de seu pai: "Subirei e fareillo saber a Faraón, e direille: Meus irmáns e a casa de meu pai, que estaban na terra de Canaán, viñeron onda min. 32 Os homes son pastores de ovellas, porque son homes gandeiros, e trouxeron as súas ovellas e as súas vacas, e todo o que tiñan." 33 E cando Faraón vos chame e vos pregunte: "Cal é o voso oficio? 34 debedes dicir: "Teus servos son homes de gandería desde a nosa xuventude ata agora, nós e os nosos pais." Facede isto para que poidades vivir na terra de Gosén, porque os pastores de ovellas son abominación para os exipcios."