1
Xosé ordenoulle ao mordomo da súa casa dincíndolle: "Enche os sacos destes homes con comida, toda a que poidan levar, e coloca os cartos de cada un deles na boca do seus sacos.
2
E pon a miña copa, a copa de prata, na boca do saco do máis novo, xunto cos seus cartos para o gran." E o mordomo fixo conforme Xosé lle indicou.
3
Ao amencer aqueles homes foron despedidos, eles e os seus burros.
4
Cando xa estaban fóra da cidade, pero non moi afastados, Xosé díxolle ao seu mordomo: "Érguete, e persegue a eses homes, e cando os alcances dilles: "Por que devolvestes mal por ben?
5
Non é esta a copa da que bebe o meu señor e a que usa para adiviñar? Fixéchedes mal actuando así.""
6
Así, o mordomo alcanzounos e díxolles esas palabras.
7
Eles respondéronlle: Por que fala meu señor tales cousas? Lonxe esté dos teus servos facer semellante cousa.
8
Mira, os cartos que atopamos cando abrimos os nosos sacos, viñemos traerchos de novo desde a terra de Canaán. Entón, ¿como poderíamos roubar nós prata ou ouro da casa do teu señor?
9
Aquel dos teus servos ao que lle atopen os cartos, que morra, e nós tamén seremos escravos do meu señor."
10
O mordomo dixo: "Sexa conforme as vosas palabras, aquel ao que lle atopen a copa será o meu escravo, e vós seredes inocentes."
11
Entón cada un deles apresurouse a baixar o seu saco ao chan e a abrilo.
12
O mordomo comexou a rexistrar os sacos polo maior e ramatou co menor, e a copa foi atopada no saco de Benxamín.
13
Entón eles rasgaron as súas vestiduras, e cargaron cada un o seu burro e regresaron á cidade.
14
E chegaron Xudá e os seus irmáns á casa de Xosé, e el estaba aínda alí, e postráronse no chan diante del.
15
E Xosé díxolles: "Qué fixestes? Non sabedes que un home coma min é capaz de adiviñar?"
16
Entón Xudá dixo: "Que lle diremos oa meu señor? Que falaremos? Como nos xustificaremos? Deus descubriu a iniquidade dos teus servos. Velaí, somos escravos do meu señor, nós, e tamén aquel ao que lle descubriron a copa."
17
Pero Xosé dixo: "Lonxe de min facer iso. O home ao que lle atoparon a copa, ese será o meu escravo. O resto subide en paz onda voso pai."
18
Entón Xudá acercouse a el, e díxolle: "Ai, meu señor! Por favor déixame contarche unha cousa ao oído, e non se acenda a túa ira contra o teu servo porque ti es coma o mesmo Faraón.
19
Meu señor preguntoulles aos seus servos, dicindo: "Tedes pai ou irmán?"
20
E nós respondimos ao meu señor: "Temos un pai ancián, e un rapaz pequeno que lle naceu na súa vellez. O seu irmán morreu, e só quedou el da súa nai, e o seu pai ámao.
21
Entón dixécheslle aos teus servos: Traédemo para que o vexa.
22
Nós dixémoslle ao meu señor: O rapaz non pode abandonar ao seu pai, porque se o abandonase, o seu pai morrería."
23
Mais ti dixécheslle aos teus servos: "Se o voso irmán máis novo non baixa convosco, non volveredes ver o meu rostro.
24
Cando chegamos onda noso pai, seu servo, contámoslle as palabras do meu señor.
25
E noso pai dixo: Ide de novo mercar comida para nós.
26
Entón respondímoslle: Non podemos baixar. Iremos se o noso irmán máis novo ven connosco, porque non poderemos ver o rostro daquel home se non está con nós o noso irmán menor."
27
E o seu servo, noso pai, replicounos: "Vós mesmos sabedes que a miña muller deume a luz dous fillos.
28
Un deles marchou de onda min e eu díxenme: Seguramente está feito pedazos, e dende aquela non o volvín ver.
29
Se vos levades tamén a este do meu lado e lle acontece algún dano, faredes descender as miñas canas con tristeza ao Seol."
30
E agora, cando chegue onda teu servo, meu pai, e o rapaz non esté connosco, como a súa alma está ligada a alma del,
31
cando vexa que o rapaz non está, morrerá, e os teus servos farán descender con dor ao Seol as canas do teu servo, o noso pai.
32
Porque eu, o teu servo, quedei como garante do rapaz ante meu pai, dicindo: "Se non cho traio de volta, cargarei coa culpa ante meu pai todos os días."
33
Agora, prégoche que o teu servo quede por escravo do meu señor no lugar do rapaz, e que el suba cos seus irmáns.
34
Porque, como hei subir eu onda meu pai se o rapaz non está comigo? Non vexa eu o mal que sufriría meu pai!