1
Pero a fame empeoraba na terra.
2
E cando comeron todo o gran que trouxeran de Exipto, seu pai díxolles: volvede alí e mercade máis comida para nós."
345
E Xudá respondeulle: "Aquel home foi claro adirvitíndonos: "Non veredes o meu rostro se non está o voso irmán convosco." Se envías con nós ao noso irmán, iremos alí e mercaremos comida, pero se non o envías, non iremos, pois aquel home díxonos: "Non veredes o meu rostro se o voso irmán non está convosco."
6
Entón Israel contestoulle "Por que me tratastes tan mal dicíndolle a ese home que tiñades outro irmán?"
7
Máis eles dixéronlle: "O home preguntounos por nós e pola nosa familia, dicindo: "Voso pai aínda vive? Tedes outro irmán?" E nós respondemos ás súas preguntas. Como ibamos saber nós que el diría: "Treade a voso irmán"."
8
Xudá respondeulle ao seu pai Israel. "Envía o rapaz comigo, e erguerémonos e iremos para que vivamos e non morramos, nin nós, nin ti, nin os nosos fillos.
9
Eu serei responsable del, da miña man o demandarás. Se nón cho traio de volta diante de ti, serei eu culpable para sempre.
10
Porque se non nos tivésemos atrasado, xa teríamos ido e volto dúas veces."
11
Entón seu pai Israel díxolles: "Se ten que ser así, facede isto: collede dos mellores productos da terra nas vosas bolsas, e levádelle a aquel home coma agasallo un poco bálsamo e mel, resina aromática, mirra, noces e améndoas.
12
E levade o dobre de diñeiro, e os cartos que foron devoltos nos vosos sacos. Tal vez foi un erro."
13
Levade tamén a voso irmán, erguédevos e volvede onda ese home,
14
e que IAHVEH Todopoderoso vos conceda misericordia diante daquel home para que poña en liberdade ao voso outro irmán e a Benxamín. En canto a mín, se hei de ser privado dos meus fillos, que así sexa."
15
Entón os homes leváronse os obsequios e o dobre de cartos, xunto a Benxamín, e erguéronse e foron a Exipto e presentáronse diante de Xosé.
16
Cando Xosé mirou a Benxamín con eles, díxolle ao mordomo da súa casa: "Fai entrar estes homes na casa, mata un animal e prepárao, porque eles comerán comigo ao mediodía."
17
O mordomo fixo como lle dixo Xosé e levou os homes á casa de Xosé.
181920
Os homes tiñan medo porque foron levados á casa de Xosé e dixeron: "Trouxéronnos aquí polo diñeiro que foi devolto nos nosos sacos a primeira vez, para ter pretexto contra nós, arrestarnos e tomarnos como escravos cos nosos burros." Entón acercáronse ao mordomo da casa de Xosé, e faláronlle á entrada da casa, dicindo: "Oh meu señor, nós viñemos a primeira vez para mercar alimentos.
21
E sucedeu que cando chegamos á pousada e abrimos os nosos sacos, velaí estaban os cartos de cada un de nós, todo o noso diñeiro. Nós viñemos traelo de volta,
22
e tamén trouxemos máis cartos para mercar comida, pero non sabemos quen puxo o diñeiro nos nosos sacos."
23
E o mordomo respondeu: "Paz a vós, non temades. O voso Deus e o Deus do voso pai puxo ese tosero nos vosos sacos. Eu recibín os vosos cartos." Entón o mordomo troúxolles a Simeón.
24
Despois o mordomo levou os homes á casa de Xosé, e deulles auga, e lavaron os pés, e deulle comida aos seus burros.
25
Entón prepararon o agasallo para a chegada de Xosé ao mediodía, porque oíran que ían comer alí.
2627
Cando Xosé volveu á casa, trouxéronlle o obsequio que tiñan e postráronse diante del en terra. Entón el preguntoulles como estaban, e díxolles. "O voso pai está ben, o ancián do que me faláchedes? Segue vivo?"
28
E eles dixeron: "o teu servo, o noso pai, está ben, aínda vive." E fixeron reverencia e inclináronse.
29
Cando levantou a mirada viu a seu irmán Benxamín, fillo da súa nai, e dixo: "Este é o voso irmán máis novo do que me faláchedes?" E engadiu: "Que a graza de Deus sexa contigo, meu fillo".
31
E Xosé apresurouse a saír dalí, pois estaba profundamente conmovido a causa do seu irmán, e buscou onde chorar, e entrou na súa recámara e chorou alí.
30
Despois lavouse a cara e saiu, e controlouse a sí mesmo ordenando: "Traede a comida."
32
Pero servíronlles a comida por separado aos irmáns e aos exipcios que comían con Xosé, porque os exipcios non podían tomar alimentos cos hebreos, xa que facer isto era algo detestable para os exipcios.
33
Os irmáns sentáronse diante del, o primoxénito de acordo aos seus dereitos de primoxenitura, e o máis novo conforme a súa menor idade. E estaban atónitos, mirándose os uns aos outros.
34
Xosé envioulles porcións da comida que tiña diante, mais a porción de Benxamín era cinco veces maior cás porcións deles. E beberon e embriagáronse con el.