1
Vendo Xacob que había gran en Exipto, díxolle aos seus fillos: ¿por que vos estades mirando os uns aos outros?
2
E dixo: "Mirade, oín que hai alimento en Exipto. Ide alí e mercade un pouco para nós, para que podamos vivir e non morramos."
3
Entón os dez irmáns de Xosé foron mercar gran a Exipto.
4
Pero a Benxamín, irmán de Xosé, Xacob non o enviou cos seus irmáns, porque dixo: "Non sexa que suceda algo malo."
5
E os fillos de Israel foron cos que ían mercar gran, pois había fame na terra de Canaán.
6
E Xosé era o gobernador daquela terra, quen lle vendía a todo o pobo da terra. Viñeron os irmáns de Xosé e postráronse diante del, rostro en terra.
7
Cando Xosé viu aos seus irmáns recoñeceunos, pero finxiu non coñecelos e faloulles con rudeza. E díxolles: "¿De onde viñeron?" Elles dixeron: "Da terra de Canaán para mercar comida."
8
Xosé recoñeceu aos seus irmáns pero eles non o recoñeceron a el.
9
Entón Xosé lembrou os soños que tivera acerca deles, e díxolles: "¡Vos sodes espías! Viñéchedes ver as partes indefensas da nosa terra."
10
Entón eles dixeron: "Non, meu señor. Os teus servos viñeron para mercar comida.
11
Todos nós somos fillos dun mesmo home. Somos homes honrados. Teus servos non son espías."
12
Pero el díxolles: "Non, vos viñestes ver as partes indefensas da nosa terra."
13
Entón eles dixéronlle: "Nós os teus servos somos doce irmáns, fillos do mesmo pai na terra de Canaán. O irmán máis novo está agora co noso pai, e o outro xa non está vivo."
14
Xosé respondeulles: "É o que vos dixen: sodes espías.
15
Nisto seredes probados. Pola vida de Faraón que non vos iredes de aquí a menos que o voso irmán menor veña a este lugar.
16
Enviade a un de vós a buscar ao voso irmán. Namentres vós quedaredes presos, para que sexan probadas as vosas palabras, a ver se hai verdadde en vós.
17
E senón, ¡pola vida de Faraón que sodes espías!"
181920
Xosé díxolles ao terceiro día: "Facede isto e viviredes, pois eu temo a IAHVEH". Se sodes homes honrados, que un de vós quede nesta prisión, pero vós ide, e levade o gran para a fame das vosas casas. E trádeme ao voso irmán menor para que as vosas palabras sexan verificadas, e non morrades." E así fixeron eles.
21
Entón dixéronse os uns aos outros: "Nós somos verdadeiramente culpables respecto ao noso irmán menor, porque vimos a angustia da súa alma cando nos rogaba, e non o escoitamos. Por iso viu sobre nós esta angustia."
22
Rubén respondeulles, dicindo: "Acaso non volo dixen: "Non pequedes contra o rapaz", pero non me escoitastes? Agora temos que rendir contas polo seu sange."
23
Eles non sabían que Xosé os entendía, xa que había un tradutor polo medio.
24
Xosé apartouse deles e chorou. Despois volveu onda eles e faloulles, tomou de entre eles a Simeón, e atouno á vista dos seus irmáns.
25
E mandou Xosé aos seus servintes que enchesen os sacos deles de gran, e que lles devolvesen a cada un deles os cartos poñéndoos nos seus sacos, e que lles desen provisións para o camiño. E así se fixo con eles.
262728
Os irmáns cargaron os burros co seu gran e marcharon dalí. Pero cando un deles abriu os seu saco para darlle de comer ao seu burro na pousada, viu que os cartos estaban na boca do seu saco. E díxolle aos seus irmáns: "Devolvéronme o meu diñeiro, está aquí no meu saco." Entón deulles unha volta o corazón, e tremendo dicíanse os uns aos outros: "Que está facendo IAHVEH con nós?"
2932
Cando chegaron onda seu pai Xacob na terra de Canaán, contáronlle todo o que lles sucedera, dicindo:
30
"Aquel home, o señor daquela terra, falounos con dureza e pensou que eramos espías."
31
Pero nós dixémoslle: "Somos homes honrados, non espías. Nós somos doce irmáns, fillos do noso pai. Un xa non vive, e o máis novo está agora co noso pai na terra de Canaán".
33
E aquel home, o señor daquela terra, díxonos: "Así saberei sue sodes homes honrados: deixade un dos vosos irmáns comigo e tomade o gran para a fame das vosas casas, e ídevos.
34
Pero traédeme a voso irmán menor para que eu sepa que non sodes espías, senón homes honrados. Entón devolvereivos a voso irmán e poderedes comerciar na terra."
35
E mentres valeiraban os seus sacos, decatáronse de que as súas bolsas cos cartos estaban nos sacos de cada un deles. Cando eles e o seu pai viron as bolsas cos cartos tiveron temor.
36
E o seu pai Xacob díxolles: "Vós privástesme dos meus fillos: Xosé non está, Simeón tampouco está, e queredes levarvos a Benxamín. Todo está na miña contra."
37
Rubén falou co seu pai, respondéndolle: "Podes matar aos meus dous fillos se non cho traio. Pono baixo o meu coidado, e devolvereicho."
38
Máis Xacob replicoulle: "Meu fillo non vai ir convosco, porque seu irmán morreu e só me queda el. Se algún dano lle acontece polo camiño, ides facerme descender con dor ao Seol."