1
Pasados dous anos completos, Faraón soñou que estaba de pé xunto ao río Nilo.
2
E velaí do río subían sete vacas gordas e de aspecto fermoso, e pastaban na xunqueira.
3
Pero tras elas subían do río outras sete vacas, de fea aspecto e fracas, e detivéronse ao carón das outras vacas á ribeira do río.
4
Entón as vacas feas e fracas devoraron ás vacas gordas e fermosas. E espertou Faraón.
5
Volveu durmir e tivo un segundo soño: velaí que sete espigas medraban, boas e gordas, a partir dunha mesma cana,
6
e despois brotaban outras sete espigas, fracas e resecas polo vento do leste.
7
E as sete espigas fracas devoraban ás espigas gordas e cheas. Entón espertou Faraón, e velaí que fora un soño.
8
Sucedeu que pola mañá o seu espíritu estaba inquieto, e enviou e fixo chamar a tódolos magos de Exipto e a todos os seus sabios. Faraón explicoulles o seu soño, pero non había quen os puidese interpretar para Faraón.
9
Entón falou o xefe dos copeiros con Faraón, dicindo: "Lémbrome hoxe das miñas faltas,
10
cando Faraón anoxouse cós seus servos e púxome en custodia na casa do capitán da garda, a min e ao xefe dos panadeiros.
11
E unha noite os dous tivemos un soño, cada un co seu propio significado.
12
E estaba alí con nós un xoven hebreo, servo do xefe da garda. Explicámoslle a el os nosos soños, e interpretounos a cada un o seu soño.
13
E conforme el nos interpretou, así sucedeu: eu fun restaurado no meu posto, e o outro foi aforcado."
14
Entón Faraón enviou e chamou a Xosé, e sacárono rápidamente do cárcere. El barbeouse e mudou as súas roupas, e foi onda Faraón.
15
E díxolle Faraón a Xosé: "Soñei un soño, pero non hai quen o interprete. Pero oín dicir de ti que escoitas soños e os intrepretas."
16
Xosé respondeu a Faraón dicindo: "Non está en min. Deus será o que dará resposta propicia a Faraón."
1718
E díxolle Faraón a Xosé: "No meu soño eu estaba de pé xunto ao río Nilo, e do río subían sete vacas gordas e de aspecto fermoso, e pastaban na xunqueira.
19
. Pero tras elas subían do río outras sete vacas, fracas, de feo aspecto e moi delgadas. Tanto que non teño visto outras tan feas en toda a terra de Exipto.
20
Entón as vacas feas e fracas devoraron ás sete primeiras vacas gordas e fermosas.
21
E as primeiras vacas foron ao interior das segundas, pero non o parecía, porque o aspecto destas seguía sendo tan feo como ao principio. Entón espertei.
22
E vin tamén no meu soño que,
23
velaí sete espigas medraban, boas e gordas, a partir dunha mesma cana, e tras delas brotaban outras sete espigas, fracas e resecas polo vento do leste.
24
E as sete espigas delgadas devoraban ás sete espigas boas. Conteille estes soños aos magos, pero non hai quen me dé unha explicación.
25
E díxolle Xosé a faraón: "Ambos soños de Faraón son un mesmo. Deus revelou a Faraón o que vai facer.
26
As sete vacas boas son sete anos, e as sete espigas boas son sete anos, é un mesmo soño.
27
Tamén as sete vacas fracas e feas que subían tras delas son sete anos. As espigas delgadas e resecas polo vento do leste serán sete anos de fame.
28
Isto é o que lle dixen a Faraón, o que Deus mostrou a Faraón:
29
veñen sete anos de gran abundancia en toda a terra de Exipto.
30
E tras deles veñen outros sete anos de fame, nos que olvidarase toda a abundancia na terra de Exipto.
31
Será tan grave esta fame que xa non se lembrará a abundancia pasada.
32
Respecto a que o soño se repetise a Faraón dúas veces, isto débese a que trátase dunha decisión firme por parte de Deus, e pronto Deus a levará a cabo.
33
Agora busque Faraón a un home prudente e sabio, e póñao sobre a terra de Exipto.
34
Que Faraón faga isto e nomee gobernadores sobre a terra, e que tomen unha quinta parte das colleitas de Exipto durante os sete anos de abundacia.
35
E xuntarán todo alimento destes bos anos que van vir, e almacenarán o gran baixo a man de Faraón para alimento das cidades, e o preservarán.
36
Este alimento será unha reserva para os sete anos de fame que haberá na terra de Exipto. Deste xeito a terra non perecerá de fame."
37
E pareceu ben este consello ante os ollos de Faraón, e ante os ollos de todos os seus servos.
38
E díxolle Faraón aos seus serventes: "¿Acaso atoparemos outro home coma este, no que esté o Espíritu de Deus?"
39
E díxolle Faraón a Xosé: xa que Deus mostrouche a ti todo isto, non hai prundente e sabio coma ti.
40
Ti estarás sobre a miña casa e acordo ás túas ordes someterase todo o meu pobo. Soamente no trono serei eu maior ca ti."
41
Dixo ademáis Faraón a Xosé: "Mira, eu póñoche a ti sobre toda a terra de Exipto."
42
Entón Faraón colleu o anel de selo da súa man e colocouno na man de Xosé, e vestiuno con roupas de liño, e puxo unha cadea de ouro no seu pescozo,
43
e fíxo subir a Xosé ao seu segundo carro, e proclamaban diante del: "¡Paso!" E Faraón puxo a Xosé sobre toda a terra de Exipto.
44
Faraón díxolle a Xosé: "Eu son Faraón; e sen ti ninguén alzará a súa man ou o seu pé en toda a terra de Exipto."
45
E Faraón chamou o nome de Xosé "Zafnat-Panea"; e deulle por muller a Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On. E Xosé saiu por toda a terra de Exipto.
46
Xosé tiña 30 anos cando foi presentado diante de Faraón, rei de Exipto; e saiu Xosé de diante de Faráon e viaxou por toda a terra de Exipto.
47
Nos sete anos de abundancia a terra produciu a esgalla.
48
Recolleu todo o alimento dos sete anos de abundancia que houbo na terra de Exipto e gardou a comida nas cidades, poñendo en cada cidade o alimento dos campos de arredor.
49
E almacenou Xosé trigo como a area do mar, até non podelo contar, porque non tiña número.
50
A Xosé nacéronlle dous fillos antes de que viñesen os anos de fame, que deu a luz para el Asenat, a filla de Potifera, sacerdorte de On.
51
E Xosé chamou o nome do primoxénito Manasés; pois dixo: "Deus fíxome esquecer toda a miña turbación e toda familia de casa de meu pai."
52
E chamou o nome do seu segundo fillo Efraín, porque dixo: "Deus fíxome fructífero na terra das miñas aflicións."
53
Cando pasaron os sete anos de abundancia que houbo na terra de Exipto,
54
e comezaron os sete anos de fame, como dixera Xosé, entón houbo fame en todas as terras, pero en toda a terra de Exipto había pan.
55
Cando se sentiu a fame en toda a terra de Exipto, o pobo clamou a Faraón por pan, e Faraón díxolle a tódolos exipcios: "ide onda Xosé e face todo o que el vos diga."
56
E a fame extendeuse sobre toda a face da terra. Entón Xosé abriu todos os alpendres e vendeulle aos exipcios, pois a fame era severa en toda a terra de Exipto.
57
E viñan de tódolos países a Exipto para mercarlle gran a Xosé, porque a fame era severa en toda a terra.