1
Sucedeu que despois destas cousas, o copeiro e o panadeiro do rei de Exipto delinquiron contra o seu señor, o rei de Exipto.
2
Faraón estaba anoxado cos seus dous oficiais, o xefe dos copeiros e o xefe dos panadeiros,
3
e púxoos baixo custodia na casa do capitán da garda, na mesma prisión onde Xosé estaba confinado.
4
E o capitán da garda encargoullos a Xosé, e el servíalles, e estiveron baixo custodia por algún tempo.
5
E ámbolos dous, o copeiro e o panadeiro do rei de Exipto, que estaban arrestados na prisión, tiveron un soño, cada un tivo o seu propio soño nunha mesma noite, cada soño coa sua propia interpretación.
6
Xosé foi onda eles pola mañá e decatouse de que estaban tristes.
7
E preguntoulles a estes dous oficiais que estaban con el baixo custodia na casa do seu señor: "¿Por que tedes tan mala cara?"
8
Eles dixéronlle: "Soñamos un soño e non hai quen o interprete". E díxolles Xosé: "¿Acaso non son de Deus as interpretacións? Contádemo agora.
9
Entón o xefe dos copeiros contoulle o seu soño a Xosé, e díxolle: "No meu soño había unha videira fronte a min,
10
e na videira tres pólas e, como brotando, a videira botaba flor e os seus acios de uvas maduraban.
11
E a copa de Faraón estaba na miña man e eu collín as uvas e as espremía na copa de Faraón, e puxen a copa na man de Faraón".
12
E díxolle Xosé: "Este é o seu significado. As tres pólas son tres días.
13
Dentro de tres días levantará Faraón a túa cabeza, e restaurarache a túa posición e daraslle a copa de Faraón na súa man, como acostumabas cando eras o seu copeiro.
14
Pois agora lémbrate de min cando che vaia ben. Por favor, ten comigo graza, e lémbrame ante Faraón e faime saír desta casa.
15
Pois eu fun arrebatado da terra dos hebreos, e tampouco aquí fixen nada para que me abandonen no cárcere.
16
Vendo o xefe dos panadeiros que a interpratación fora favorable, díxolle a Xosé: "Tamén eu soñei que tiña tres cestas de pan na miña cabeza.
17
Na cesta de arriba había toda clase de manxares de pastelaría para Faraón, e os paxaros comían da cesta sobre a miña cabeza."
18
Xosé respondeu e dixo: "Este é o seu significado: as tres cestas tres días son.
19
Dentro de tres días quitarache Faraón a túa cabeza e colgarache dunha árbore, e comerán os paxaros a túa carne."
20
Ao cabo de tres días foi o aniversario de Faraón, quen fixo un banquete para todos os seus servos, e levantou a cabeza do xefe dos copeiros o do xefe dos panadeiros na presenza dos seus servos.
21
E devolveulle a súa posición ao xefe dos copeiros, e este deu a copa na man de Faraón.
22
Pero aforcou ao xefe dos panadeiros, conforme lles interpretara Xosé.
23
E o xefe dos copeiros no se lembrou de Xosé, senón que esqueceuse del.