Capítulo 39

1 A Xosé, entón, levárono a Exipto, e Potifar, que era capitán da garda e varón exipcio, mercoullo aos ismaelitas que o levaran ata alí. 2 E IHVH estaba con Xosé, e chegou a ser un home próspero e vivía na casa do seu amo exipcio. 3 E o seu amo observou que IHVH estaba con el e que IVHV prosperaba todo o que el facía. 4 Así Xosé foi ben visto por Potifar e servíalle. E Potifar fixo a Xosé o encargado da súa casa, e todo o que tiña púxoo baixo o seu coidado. 5 E sucedeu que, dende que o fixo encargado de toda a súa casa e de todo o que posuía, IHVH bendexo a casa do exipcio por causa de Xosé. A bendición de IHVH estaba sobre todo o que Potifar tiña, tanto na casa coma no campo. 6 Potifar puxo todo o que tiña baixo o coidado de Xosé, e con el alí non tiña que pensar noutra cousa que non fose o pan que comía. Ademáis, Xosé era aposto e atractivo. 7 Sucedeu despois disto que a esposa do seu amo sentiu luxuria por Xosé, e díxolle: "durme comigo". 8 Pero el refusou, e díxolle á esposa do seu amo: "mira, o meu amo non lle presta atención ao que eu fago na casa, e puxo todo o que lle pertence baixo o meu coidado. 9 Ninguén é mais grande ca min nesta casa. El non me priva de cousa algunha agás de ti, porque ti es a súa esposa. ¿Como entón podo eu facer un mal tan grande e pecar contra IHVH?" 10 E aínda que ela insistíalle a Xosé día tras día, este refusaba durmir con ela e estar con ela. 11 Pero sucedeu que un día que Xosé fora á casa para facer o seu traballo, e que non se atopaba alí ninguén da casa, 12 ela agarrouno pola roupa e díxolle: "¡Durme comigo!", mais el, diexando as súas roupas na man dela, fuxíu e saiu fóra. 13 Cando ela viu que el deixara a roupa na súa man e que fuxira fóra, 14 chamou aos homes da casa e díxolles: " Mirade, Potifar tróuxonos a un hebreo para mofarse de nós. Viu para durmir comigo, pero eu berrei, 15 e cando me escoitou berrar, deixou a súa roupa, fuxiu e saiu fóra." 16 Entón ela retivo a súa roupa ata que o seu señor chegou á casa, 17 e deulle esta explicación: "O servo hebreo que ti nos trouxeches, viu a burlarse de min, 18 e sucedeu que cando eu berrei, el deixou a súa roupa comigo e fuxiu fóra." 19 Sucedeu que, cando o seu señor oiu a explicación que a súa esposa lle contou, dicindo: "Isto é o que o teu servo me fixo", el enfadouse moito. 20 Entón tomou a Xosé e meteuno no cárcere no que estaban confinados os prisioneiros do rey. Así foi Xosé parar á cadea. 21 Máis IHVH estaba con Xosé, e mostrou con el un pacto de fidelidade e concedeulle favor ante os ollos do garda do cárcere. 22 E o garda puxo nas mans de Xosé a todos os presos que estaban na prisión. Así, Xosé estaba ao cargo de calquera cousa que alí se facía. 23 O garda do cárcere non se preocupaba por nada que estivese na man de Xosé, porque IHVH estaba con el, e todo o que el facía, IHVH o prosperaba.