Capítulo 20

1 Falou Deus todas estas palabras: 2 Eu son IaVeH teu Deus, que saqueite da terra de Exipto, de casa de escravitude. 3 Non terás outros deuses diante de min. 4 Non te farás ídolo, nin imaxe do que está arriba nos ceos, nin abaixo na terra, nin do que está nas augas debaixo da terra. 5 Non te inclinarás ante elas, nin as servirás, porque Eu son IaVeH teu Deus, Deus celoso, que castiga a maldade dos pais sobre os fillos até a terceira e a cuarta xeración dos que me aborrecen. 6 Pero fago misericordia a miles aos que me aman e gardan os meus mandamentos. 7 Non tomarás o nome de IaVeH teu Deus en van, pois non terá por inocente IaVeH a quen tomare o seu nome en van. 8 Lémbrate do día de repouso para santificalo. 9 Seis días traballarás e farás toda a túa obra, 10 mais o sétimo día é repouso para IaVeH teu Deus. Non farás nel obra ningunha, ti, nin teu fillo, nin túa filla, nin o teu servo, nin a túa criada, nin a túa besta, nin o teu estranxeiro que está dentro das túas portas. 11 Porque en seis días fixo IaVeH os ceos e a terra, o mar, e tódalas cousas que hai neles, e reposou no sétimo día. Polo tanto, IaVeH bendixo o día de repouso e santificouno. 12 Honra a teu pai e a túa nai, para que os teus días se alonguen na terra que IaVeH teu Deus dache. 13 Non asasinarás. 14 Non adulterarás. 15 Non roubarás. 16 Non darás falso testemuño contra o teu próximo. 17 Non cobizarás a casa do teu próximo, non cobizarás á muller do teu próximo, nin o seu servo, nin a súa criada, nin o seu boi, nin o seu asno, nin cousa algunha do teu próximo. 18 Todo o pobo observaba os tronos e os lóstregos, e o son da trompeta, e o monte que afumaba; e véndoo o pobo, tremeron, e mantivéronse lonxe. 19 E dixéronlle a Moisés: fala ti connosco, e nós escoitaremos, pero que non fale Deus con nós, non sexa que morramos. 20 E díxolle Moisés ao pobo: non temades, porque para probaros viu Deus, e para que diante vosa haxa temor del, para que non pequedes. 21 E o pobo mantívose en pé ao lonxe, e Moisés acercouse á escuridade onde estaba Deus. 22 E IaVeH díxolle a Moisés: así lle dirás aos fillos de Israel: vós vistes falei convosco que desde os ceos. 23 Non fagades xunta min deuses de prata, nin vos fabricaredes deuses de ouro. 24 Altar de terra farás para min, e sacrificarás sobre el os teus holocaustos e as túas ofrendas de paz, as túas ovellas e as túas vacas. 25 En todo lugar onde Eu faga lembrar o meu Nome, virei a ti e bendireite. E se me fas altar de pedras, non o constrúas con pedras labradas, porque se ergues ferramenta sobre el, profanaralo. 26 E non subas por chanzos ao meu altar, para evitar mostrate nu sobre el.