1 Estes son os mandamentos que lles promulgarás: 2 Se mercas un servo hebreo, seis anos servirá, mais despois será libre, de balde. 3 Se entrou só, sairá só. Se tiña muller, entón a súa muller sairá con el. 4 Pero se o seu señor lle dera muller, e ela dera a luz fillos ou fillas, entón a muller e os fillos serán para o señor dela, e el sairá só. 5 Mais se o servo dixese insistentemente: eu amo ao meu señor, a miña muller e aos meus fillos, non sairei libre, 6 entón o seu señor levarao ante Deus, e faralle estar xunto a porta ou o poste da porta, e perforaralle a orella cun punzón, e el serviralle para sempre. 7 Se un home vende a súa filla por serva, non se sairá ela como adoitan saír os servos. 8 Se non agradase ao señor ao que fora enviada, este deixará que a rescaten e non terá dereito a vendela a pobo estranxeiro cando rompa con ela. 9 Se o señor a destina como esposa para o seu fillo, fará con ela segundo o costume coas fillas. 10 E se tomase outra muller para el, non lle disminuirá a ela o seu alimento, nin o seu vestido, nin o deber conxugal. 11 Pero se el non fixese ningunha destas tres cousas, entón ela sairá libre sen ter que pagar diñeiro ningún. 12 Quen fira a alguén, facéndoo morrer, tal persoa morrerá. 13 Pero se non tiña intención de ferilo, senón que Deus o puxo nas súas mans, entón Eu sinalarei para ti lugar onde fuxir. 14 Agora ben, se alguén enfurécese contra o seu próximo e o mata con aleivosía, quitaralo do meu altar para que morra. 15 Quen fira ao seu pai ou a súa nai, morrerá. 16 Quen secuestre a unha persoa, xa sexa que a venda ou que fose atopada no seu poder, tal persona morrerá. 17 Quen maldiga ao seu pai ou a súa nai, morrerá. 18 19 Se uns rifan e un deles fire ao seu próximo cunha pedra ou co puño, pero este non morre, senón que cae na cama, pero se se levanta e pode saír fóra co seu bastón, entón o que o feriu será absolto. Só pagará polo tempo que aquel estivo sen traballar, e fará que o curen por completo. 20 Se alguén bátelle a un servo ou serva cun pao, e o mata, esa persoa será castigado. 21 Mais se sobrevive un día ou dous, entón non será castigado, porque son da súa propiedade. 22 Se durante una pelexa, alguén ferira a unha muller embarazada e a fixera abortar, pero sen causarlle outro dano, o agresor deberá pagar a multa que o marido lle pida e que os xuices ratifiquen. 23 Pero se a muller morre, entón hase pagar vida por vida, 24 ollo por ollo, dente por dente, man por man, pé por pé, 25 queimadura por queimadura, ferida por ferida, golpe por golpe. 26 Se alguén fere o ollo do seu servo, ou o ollo da súa serva, e o dana, deixarao en liberdade por causa do seu ollo. 27 E se lle fai saltar un dente ao seu servo, ou un dente a súa serva, deixarao ir libre por causa do seu dente. 28 Se un boi cornea a un home ou a unha muller, e a causa diso morre, o boi será apedrado e non se comerá a súa carne, pero o dono do boi será absolto. 29 Pero se o boi corneaba xa dende tempo atrás, e ao seu dono lle fora notificado pero no o gardara, e matase a un home ou a unha muller, entón o boi será apedrado, e tamén morirá o seu dono. 30 Se lle fose imposto prezo de rescate, entón dará pola súa vida canto lle sexa imposto. 31 Se o boi cornea ao fillo ou á filla dalgún, farase conforme a este decreto. 32 Se o boi cornea a un servo ou a unha serva, pagaráselle ao seu amo treinta siclos de prata, e o boi será apedrado. 33 Se algún abre ou escava un pozo, e non o cubre, e cae alí un boi ou un asno, 34 o dono do pozo ha de compensar pola perda. Devolveralle os cartos ao dono, e o cadaleito será seu. 35 E se o boi dalgún fere o boi doutro e morre, entón han de vender o boi vivo e repartir os cartos, e repartirán tamén o boi morto. 36 Pero se era notorio que o boi xa corneaba dende tempo atrás, e o seu dono non o gardara, entón pagará boi por boi, e quedará el co boi morto.